
A xornada de inauguración contará coa participación do xornalista e blogueiro Nacho Mirás Fole, quen presentará o primeiro dos titoriais (no que se explica cómo subir un vídeo ou unha fotografía á Internet) e aproveitará o acto para facer un percorrido pola situación actual da blogosfera galega, acompañándoo no acto o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro.
Os titoriais desenvolvidos con tecnoloxía Flash (e que estarán dispoñibles nos distintos Telecentros de Comunicación) pretenden instruír a un público con poucos coñecementos informáticos, e tratarán temas relacionados co mundo das TIC e os distintos servizos que oferta a Internet como a banca electrónica, a tele-administración, a formación en liña, as redes sociais…
A campaña Comunícate achegará titoriais para introducirse nas TIC
Compartir Este Artigo

