Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Dinamización ten programados preto de 200 obradoiros para desenvolver este mes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Dinamización ten programados preto de 200 obradoiros para desenvolver este mes

Raquel Noya
Publicado: 02/07/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

actividades_rede_xullo.jpgPese a que son moitas as persoas que no mes de xullo aproveitan para coller vacacións e desconectarse totalmente de Internet e de todo o que require estar en contacto coas novas tecnoloxías, tamén hai outro sector da poboación galega que tira proveito do seu tempo libre para familiarizarse máis con este tipo de ferramentas e poñerse ao día en todo o relacionado coas TIC.
Os dinamizadores e dinamizadoras do noso país, sabedores de que o seu labor é fundamental para a inclusión na Sociedade da Información dos galegos e galegas con menos facilidades para facelo por sí mesmos, teñen proxectados para este mes de xullo, un total de 185 novos obradoiros, algúns dos cales xa están en marcha e outros moitos irán dando comezo nesta e nas vindeiras semanas.
A variedade temática é a principal característica da programación que se vai desenvolver nesta tempada de verán en tódolos Centros de Dinamización da xeografía galega; temática tan variada, se cabe, como o tipo de público que se achegará a cada un dos locais da Rede para formarse nalgunha materia concreta das TIC, que soen ser dende nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, ata persoas maiores de máis de 65 anos, pasando por persoas adultas con variopintas ocupacións e adolescentes que buscan nas ferramentas tecnolóxicas unha utilidade axeitada aos seus quefaceres diarios.
Da morea de cursos e obradoiros que a Rede de Dinamización tén programados para desenvolver ao longo deste mes de xullo, cabe destacar algunha actividade como Manexo do móbil, que se desenvolverá en Allariz, Videoxogos, en Vilar de Santos, Trámites coa administración pública, no Centro Comarcal Terra de Lemos, Álbum de fotos en Internet: Flickr, Picasa…, en Teo, Debuxo por ordenador, en Vilasantar, Telefonía por Internet, en Valga, Iniciación á Informática: Linux, en Moaña, Manexo básico da cámara dixital, na Asociación de Empresarias da Coruña ou Mecanografía en Poio.
Asemade, as charlas e coloquios que os/as dinamizadores galegos programaron para desenvolver nestes meses de verán, son do máis diverso e actual polo que resultarán de interese para calquera persoa cun mínimo de curiosidade por adentrarse na Sociedade da Información. Así, no Concello de Allariz, os alumnos e alumnas que se acheguen ao seu Centro de Dinamización, terán a oportunidade de adentrarse no que son as redes sociais en Internet, un tema moi de moda, que non deixará impasibles aos asistentes.
Por outra banda, en Castrelo de Miño falarase da seguridade na Rede, mentres que en Riotorto informarase sobre o manexo do SIXPAC.
Os veciños e veciñas do Vicedo aprenderán a usar a banca electrónica, mentres que os de Lugo, verán como instalar Galinux. En Cerceda, os e as asistentes que non decidan pasar o día no parque acuático, poderán achegarse ata o seu Centro de Dinamización e adquirir información sobre como solicitar unha cita médita por Internet, e en Mondoñedo e Sada, os relatores aconsellarán ás persoas asistentes para a adquisición dun ordenador persoal axeitado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?