Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os profesionais do audiovisual galego poderán solicitar bolsas para formarse fóra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os profesionais do audiovisual galego poderán solicitar bolsas para formarse fóra

Raquel Noya
Publicado: 02/07/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Audiovisual_galego.jpgO Consorcio Audiovisual de Galicia, no marco do seu Plan de Promoción e axudas aos profesionais galegos, vén de convocar a sétima edición das súas bolsas para a ampliación e perfeccionamento de estudos no eido audiovisual, que distribuirá 30.000 euros entre os profesionais do sector para que accedan a cursos especializados impartidos en centros de formación de recoñecido prestixio.
Estas axudas, segundo veñen de anunciar os seus responsables, “son esenciais para o Consorcio Audiovisual de Galicia xa que o obxectivo é fomentar a formación, co fin de favorecer o desenvolvemento e a consolidación dos profesionais do sector audiovisual galego”. A isto hai que sumarlle o grande interese e as numerosas solicitudes que orixinaron as anteriores convocatorias e os positivos resultados obtidos polos beneficiarios, que levou a que a entidade incrementase a contía das bolsas, de 18.000 euros (o importe doado no 2003) aos 30.000 actuais, que permiten cubrir, ademais do importe da matrícula, outros gastos relacionados co desprazamento e a estancia dos bolseiros nas cidades onde se realizan as actividades polas que lle foron concedidas as bolsas.
As actividades formativas, que se poden realizar en centros do resto de España ou estranxeiros, deberán ter lugar entre setembro de 2008 e xuño de 2010 (ambos meses incluídos) e non poderán tratarse de cursos en liña.
Tampouco se poden beneficiar destas axudas aquelas persoas que realizan cursos destinados á obtención dunha licenciatura, diplomatura ou título de doutoramento nin os que teñan intención de realizalos en Galicia.
A selección dos beneficiarios realízase, segundo vén de anunciar o Consorcio, a través dunha Comisión “que presta especial interese a aquelas actividades que pola súa novidade ou interese estratéxico repercuten máis positivamente no conxunto do audiovisual galego”. A Comisión valora, asemade, a traxectoria académica e/ou profesional do solicitante, o recoñecemento tanto no Estado como no estranxeiro do centro de estudos e a memoria na que cada solicitante xustifica a súa solicitude indicando os obxectivos previstos coa realización do curso ou actividade formativa.
O anuncio da resolución pola que se convocan estas axudas publicarase este mes no Diario Oficial de Galicia.
Ata a presente convocatoria, as actividades máis beneficiadas nas anteriores edicións foron as de interpretación, xestión, cámara, fotografía, produción e dirección, edición, documental, guión, dirección escénica e son.
Grazas a estas axudas, os profesionais do audiovisual beneficiarios puideron formarse en destinos tan diversos como Alemaña, Cuba, Inglaterra, Madrid, Francia, Arxentina, India, Barcelona ou Estados Unidos, entre outros, onde se atopan centros de recoñecido prestixio tales como a New York Film Academy, o Estudio Internacional do Actor Juan Carlos Corazza, a Fundación TVI Actors Studio, a London Film School, a Escola Internacional de Cine e Tv de San Antonio de los Baños (Cuba), a Universidade Pompeu Fabra, a Escola de Guión e Creatividade GuionArte en Bos Aires, o Instituto Nacional do Audiovisual en Francia, a Media Business School, a ESCAC, a Asian Academy of Film & Television ou International Center of Photography de Nova Iorque.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?