Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC edita unha revista con feitura blog para difundir o coñecemento entre a sociedade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC edita unha revista con feitura blog para difundir o coñecemento entre a sociedade

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/07/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

As redes xa non só lle dan fondo ás publicacións tradicionais, é que tamén lle dan feitura. Este foi precisamente o obxectivo dos responsables da revista U+S que vén de editar a Universidade da Coruña a través da Vicerreitoría de Cultura: falar de cuestións vinculadas á innovación e con formato de innovación. A revista, que xorde co obxectivo de servir como ferramenta de achegamento entre a entidade académica e o contorno social e empresarial da Coruña e Ferrol, ten un claro compoñente de divulgación dos logros científicos do noso tecido investigador. Isto, con todas as dificultades que ata o de agora obstaculizaban o camiño (certa desconexión e falta de diálogo entre a sociedade en xeral e a comunidade científica), pretenden levalo a cabo os responsables da publicación a través do aproveitamento de canles que xa son de uso popular. Así, non é casualidade que a revista teña aspecto de blog, tanto para facilitar o seu manexo como para facer máis doada a súa lectura.
Segundo informa a UDC, o traballo en cuestión, que se presentou na mañá deste venres 3 de xullo, ofrece un abano do labor que se desenvolve nos campus, nun tempo no que a Universidade non só aposta pola docencia de calidade, senón tamén pola investigación e a transferencia tecnolóxica e de coñecemento, bases do que ben podería ser a solución máis firme para os problemas económicos e produtivos que vive arestora o mundo. Dito doutro xeito: a cabeceira nace con vocación de ser unha ferramenta para incrementar a competitividade das empresas da contorna, sexan do sector que sexan.
Liña moderna e innovadora
Nun eido máis concreto, dicir que U+S é un proxecto posto en marcha en colaboración co Consello Social da Universidade, órgano encargo de visibilizar o contacto coa sociedade. A liña que segue a publicación é, como dixemos, moderna e innovadora, orientándose todos os elementos dispostos a ir alén da comunicación universitaria para abranguer outros ámbitos e espallalos plenamente. Gráfica e conceptualmente, sosteñen os seus responsables, quere sumar campus e sociedade, encaixando perfectamente na visión e nos obxectivos do Consello Social.
Polo que respecta aos contidos, dicir que o abano semella ben variado: ofrécense artigos de opinión, entrevistas e reportaxes sobre aspectos tan diversos como a experiencia profesional de titulados que teñen acadado o éxito profesional nas súas diferentes áreas ou se dedican a algunha actividade especial despois de pasar polas aulas.
Máis polo miúdo, inclúese reportaxes sobre o último Observatorio Ocupacional, entrevistas co presidente do Consello Social (Antonio Abril) e o vicerreitor de Relación Universidade-Empresas (Luís Barral), artigos de opinión dos vicerreitores de Cultura e Comunicación, Luís Caparrós, e de Investigación, Concepción Herrero, ou completos informes sobre proxectos de investigación (o labor da OTRI e do viveiro de empresas da Universidade ou de firmas externas como Begano, “un dos buques insignia no tecido empresarial coruñés que cumpre arestora o seu 50 aniversario”).
A UDC distribuirá 2.000 exemplares en papel ecolóxico entre institucións e empresas da área metropolitana da Coruña e Ferrol e, en forma de newsletter aos membros da comunidade universitaria coruñesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?