Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Burgos aposta polo Wi-Fi público e sostible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Burgos aposta polo Wi-Fi público e sostible

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

burgos_wifi.jpgO Concello de Burgos vén de mover ficha a prol da Internet pública como alternativa aos espazos e situacións onde non hai privada. E faino a través de infraestrutura Wi-Fi para escenarios concretos: os emprazamentos de uso público para o lecer e o esparcemento. A iniciativa, de nome WiFi Bur, está a contar en materia tecnolóxica coa empresa Gowex e o seu desenvolvemento WILOC, plataforma de publicidade e contidos xeolocalizados que permite a posta en marcha “dunha rede municipal sostible e rendible no tempo”, segundo informa a compañía.
Por certo que no emprego desta tecnoloxía en concreto, WiFi Bur é a primeira que lle tira partido no eido público-local, ficando a disposición dos veciños da cidade nas tres piscinas municipais, na biblioteca Gonzalo de Berceo, no centro cultural do Barrio de Cortes e no Teatro Municipal. A previsión é a de ampliar a infraestrutura con cobertura total para despois do verán. Na imaxe, Juan Catalán (GOWEX), cos concelleiros burgaleses Eduardo Villanueva e Bienvenido Nieto.
Máis polo miúdo, WILOC (Wi-Fi Location) ten o obxectivo de xerar ingresos publicitarios a través dunha infraestrutura das devanditas características e facela viable economicamente. A plataforma, sinala Gowex, está deseñada como un modelo de negocio e unha vantaxe competitiva “na explotación dunha rede municipal Wi-Fi, porque, alén de permitir a sostebilidade, actúa acorde coa regulación do sector das telecomunicacións”.
Polo que respecta ás outras dúas características fundamentais que pon en xogo, xeolocalización e contextualización, sinalar que o que se pretende con isto é informar de xeito automático dos servizos e contidos (incluída publicidade) dispoñibles na zona de conexión do usuario, xa que o punto de conexión está localizado e personalizado. En palabras de Gowex, grazas a isto benefícianse os anunciantes (xa que fan medrar a súa presenza a través de campañas de promoción), os promotores e os concellos (rendibilizan os puntos de acceso grazas aos ingresos da publicidade en liña) e os usuarios, que reciben información máis á súa medida e servizos máis completos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?