Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: xaKobeo.com: o lugar de encontro virtual dos peregrinos 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

xaKobeo.com: o lugar de encontro virtual dos peregrinos 2.0

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xakobeo.com_detalle.jpgO Camiño de Santiago tamén se traza na Rede, dunha banda a outra da mesma, cada treito achegado por un internauta ou por un colectivo de internautas. Nesta liña de facer que o itinerario santo no virtual sexa o máis completo posible é onde se insiren os tres novos empresarios galegos que veñen de poñer en marcha a páxina xaKobeo.com, unha web centrada de xeito específico nas pegadas que Compostela deixa no mundo. O sitio, referenciado este domingo polo suplemento Innova Galicia de La Voz nunha completa reportaxe, xorde principalmente coa finalidade de converterse en rede social e punto de encontro 2.0 para peregrinos.
A idea é, polo tanto, seguir o ronsel de Facebook ou MySpace, onde hai centos de millóns de persoas en liña compartindo intereses e coñecemento, pero desta volta arredor dunha cuestión ben concreta: o itinerario compostelán. Deste xeito, favorécese dende a web o fluxo de información (recursos sobre onde aloxarse, onde comer, cando dar comezo ao itinerario, que visitar) e o contacto directo (amizade e comunicación sobre o Camiño dende calquera recanto do mundo).
Detrás desta proposta atópanse tres empresarios novos, moi vinculados á Rede e con base de operacións en Ourense: Juanjo Amorín (responsable de Kedin.es, entre outros proxectos en liña), Xosé Ramón Novoa (creador de webs como HELLOgalicia.es) e José Manuel Regueiro (responsable da firma Modera Media). Como rede social que é, a páxina xaKobeo.com ten a súa razón de ser en crear colectivo. De feito, o reto dos seus responsables é acadar antes de que remate 2010 a cifra nada desprezable de 150.000 usuarias e usuarios. A páxina, entre outros apoios, contará coa experiencia de Kedin.es, unha web xa plenamente evolucionada que, polo menos nun principio, actuará como subministro de participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?