Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova sede do CESGA contará cun equipo fixo de 200 investigadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova sede do CESGA contará cun equipo fixo de 200 investigadores

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cesga_sionlla-8b002.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia, tal e como anunciamos hai un tempo nesta mesma web, está en vías de ampliar o espazo que ocupa actualmente no Campus Sur de Santiago, pero coa particularidade de que as novas incorporacións non se darán no Campus Sur. Concretamente, será o polígono industrial da Sionlla o emprazamento que acolla o novo edificio do CESGA, obra do prestixioso arquitecto valenciano Carlos Meri Cucart (na imaxe, o proxecto). Segundo contou os días pasados El Correo Gallego facéndose eco de fontes oficiais do Concello, o proxecto está a ser avaliado en detalle polo Goberno local, sobre todo o que atinxe ás particularidades urbanísticas do novo edificio.
A falta de maiores informacións sobre o proceso, o que si sabe é que o Finisterrae (o supecomputador de máis 35 toneladas que alberga o xa edificio vello do CESGA, un dos equipos máis potentes de Europa) seguirá a achegarlles servizo aos investigadores galegos dende o seu emprazamento orixinal en Santiago. Con todo, a posta en marcha das infraestruturas da Sionlla, que segundo se conta no dito xornal compartirá espazo no polígono co Instituto Español de Matemáticas –entre outros centros de investigación- incluirá importantes ampliacións de equipo técnico e humano (pasarase de contar con 60 investigadores a ter un equipo de 200).
A idea, tal e como adiantou hai meses o anterior goberno galego, é darlle un importante pulo estratéxico á investigación galega, sobre todo no referente aos labores vinculados ao cálculo intensivo e ás comunicacións avanzadas (predición de incidencias do clima, loita contra doenzas, axuda na produción de fármacos, etc).
Polo que respecta ao desenvolvemento das obras do complexo industrial da Sionlla e máis concretamente á súa urbanización, dicir que todo apunta a que contarán co mesmo orzamento orixinal aprobado na lexislatura autonómica anterior (25 millóns de euros). Arestora xa se completou a expropiación dos máis de un millón de metros cadrados que precisa a súa posta en marcha. Por certo que o complexo terá potencial para albergar a 138 empresas e disporá de estación ferroviaria propia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?