Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AETIC desvela as claves para saír da crise: A solución é dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AETIC desvela as claves para saír da crise: A solución é dixital

Raquel Noya
Publicado: 07/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

AETIC.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, foi o escenario escollido hoxe por AETIC, a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da información e Telecomunicacións de España, para dar a coñecer o seu manifesto, A solución é dixital, que ten como principal obxectivo, sentar as bases para “cambiar o noso modelo económico cara o da Sociedade da Información, aproveitando o momento actual de crise económica para facelo”.
O acto, no que interviron por este orde: Rafael Valcarce Baiget, presidente do consello territorial de AETIC en Galicia, Jesús Banegas Núñez, presidente de AETIC, e as representantes do goberno galego, Ana María Díaz López, directora xeral de Formación e Colocación e María del Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, serveulle á entidade para dar a coñecer a idea principal e condutora deste manifesto presentado hoxe: “aproveitar a crise para cambiar o noso modelo económico cara o da Sociedade da Información”.
Neste senso, o presidente de AETIC, Jesús Banegas, fixo fincapé na súa intención de “pretender mover aos cidadáns dende o temor ata a esperanza, da man das TIC”, algo que é posible, segundo engadiu, “investindo, entre outras cousas en infraestruturas das telecomunicacións fixas e móbiles, en maiores e mellores equipamentos eTIC nos nosos fogares, e no impulso da nosa oferta nacional de tecnoloxía e contidos”.
O manifesto indica que o desenvolvemento da Sociedade da Información está a demostrar en todo o mundo ser a opción máis axeitada para acadar “unha economía produtiva competitiva e eficaz”, e neste aspecto detívose a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, facendo fincapé na necesidade e no compromiso da entidade que representa de “impulsar e axudar a aquelas empresas que xeneren emprego e moito máis a aquelas que apoian as novas tecnoloxías e a formación en TIC”.
Este sector, que representa unha actividade de 100.000 millóns de euros anuais e 350.000 empregos directos, é, segundo verbas de Banegas Núñez, “un sector responsable e solvente, capaz de ser un dos piares da transformación do noso modelo económico”, algo que quere dar a entender a través da difusión deste manifesto.
O tratado, que conclúe dando conta dunha serie de medidas a adoptar para sair da crise por medio das eTIC, asegura que nos vindeiros cinco anos, “os investimentos en novas tecnoloxías deberán incrementarse en 5.000 millóns de euros anuais”, para dese xeito, continúa, “crear 500.000 postos de traballo e sentar as bases dunha recuperación sostida e sostible”.
O obxectivo, dende logo, non é doado de acadar, porén, segundo palabras do presidente don consello territorial de AETIC en Galicia, Rafael Valcarce, “estamos no bo camiño e o noso reloxio tecnolóxico está en hora”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?