A asociación empresarial Ineo celebrou o pasado 29 de xuño na Coruña un encontro con representantes do sector TIC galego co obxectivo de salientar unha vez máis a importancia de asumir cada día como unha nova oportunidade de innovar. Dito doutro xeito: como unha maneira de ir cara a onde ningunha empresa antes puído ou quixo achegarse e sen que esta estratexia decreza a vontade de cooperación. Este foi polo tanto un dos grandes eixes da xuntanza: a innovación como factor imprescindible de competitividade para facer fronte aos retos que impoñen a crise e o mercado globalizado. Segundo informa Ineo, tamén se tirou partido da oportunidade para facer un repaso polos instrumentos, axudas e apoios que están a día de hoxe a disposición das empresas galegas no camiño de desenvolver o seu potencial de coñecemento.
Presentando a xornada e dando a benvida aos asistentes estiveron o presidente de Ineo, Jorge Cebreiros, e a secretaria xeral da Confederación de Empresarios de A Coruña, Marina Graña.
Os responsables de facer as presentacións foron os representantes das Plataformas e Centros Tecnolóxicos tanto a nivel nacional como a nivel autonómico.
Carlos A. Iglesias, membro doe Comité Xestor da Plataforma INES, dou conta de como funciona hoxe en día esta plataforma nacional, cales son os obxectivos cos que traballan e cales os principais proxectos que están a desenvolver nestes momentos. Para falar do ámbito autonómico na xornada estiveron Rosa Méndez e Maria Tenorio, membros da secretaría técnica da plataforma Vindeira e Miguel A. Regueiro, director comercial de GRADIANT.
Lucia Gregorio, directora da División de Innovación de ECONET, foi a encargada de ofrecer información completa sobre as axudas que existen para as empresa en materia de innovación a nivel rexional, nacional e europeo.
Unha vez rematadas as exposicións, as citas de asesoramento individuais cos relatores da xornada permitíronlles aos asistentes obter información de interese particular sobre as cuestións propostas nas exposicións..
Desta maneira, engaden fontes de Ineo, sentáronse os alicerces para o desenvolvemento de proxectos a posteriori co apoio do equipo de Ineo e empregando as ferramentas de cooperación desenvolvidas pola asociación a través do proxecto apoiado no seu momento polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) dentro dunha estratexia de crecemento.
A organización desta xornada por parte de Ineo, contou coa financiación do IGAPE e da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Ineo e as empresas TIC galegas estudaron na Coruña os camiños da innovación
Compartir Este Artigo

