Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Telecentro de Muros acolle este sábado unha xuntanza blogueira sobre embarcacións tradicionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Telecentro de Muros acolle este sábado unha xuntanza blogueira sobre embarcacións tradicionais

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

muros_embarcacions.jpgO Telecentro de Comunicación de Muros vaise converter esta fin de semana nunha xuntanza redeira vinculada ao mar. O evento, que será redeiro en todo o significado da palabra (haberá usuarios da Rede afeitos a manexar aparellos de pesca e todos eles reunidos nunha vila mariñeira), celebrarase o sábado 11 de xullo a partir das 20.00 horas. Baixo o epígrafe Encontro Blogueiro Aberto de Cultura Marítima e Fluvial, non se desenvolve por casualidade na dita vila costeira, esa mesma xornada. De feito, coincide coa novena edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se pon en marcha este xoves en Muros e que reunirá tripulacións (a día de hoxe, máis de 100) vidas de toda a nosa costa e de diferentes emprazamentos mariñeiros de España e Europa co obxectivo de intercambiar experiencias e poñer en marcha futuras colaboracións.
Con todo, será unha xuntanza aberta a quen queira participar, compartindo o mesmo espírito a vertente blogueira do evento que se organiza no Telecentro. O obxectivo desta cita internauta: fomentar o mutuo coñecemento e o diálogo entre as persoas que, administrando blogs ou calquera ferramenta interactiva de comunicacións, constrúen e amplían o espazo na Rede da cultura marítima e fluvial.
O esquema desta actividade será o seguinte:
· Presentación do Encontro por parte do administrador da web oficial da FGCMF.
· Intervencións das persoas participantes inscritas de non máis de dez minutos, expoñendo e compartindo aquelas consideracións da súa elección.
· Debate entre os participantes, moderado polo webmaster de Culturamaritima.org.
· Debate aberto ao público.
Como dixemos, a xuntanza blogueira insírese no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que comeza mañá, xoves, e que é a actividade máis significativa das organizadas pola Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF). Cada dous anos, reúnense nunha vila mariñeira galega embarcacións tradicionais e tripulacións chegadas de toda Galicia e doutros portos peninsulares e europeos para celebrar unha gran reunión festiva, de exhibición e reivindicación do patrimonio marítimo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?