Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolleu unha xornada de promoción das novas tecnoloxías entre as empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acolleu unha xornada de promoción das novas tecnoloxías entre as empresas

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/07/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foto_xornada_santiago.jpgA Sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago acolleu o pasado 26 de xuño unha xornada dirixida a dar a coñecer as grandes vantaxes das novas tecnoloxías da información (TIC) nun eido convulso economicamente coma o que estamos a vivir. No encontro, que serviu para dar conta do que teñen as TIC de potencial futuro perante os modelos produtivos que orixinaron a crise mundial (modelos opostos ás TIC na súa maioría), sinalouse ao sector das novas tecnoloxías como un dos chamados a achegar o meirande abano de solucións. De feito, os organizadores do encontro non dubidaron á hora de presentar ao tecido TIC galego como o xerador do combustible polo que estaban a agardar os restantes sectores, tanto para incrementar produtividade e competitividade como para ampliar as posibilidades de cooperación coas compañías do seu eido.
Durante a xuntanza tamén se presentou a Guía de Solucións TIC de Ineo, unha escolma de recursos que constitúe unha ferramenta básica de axuda e asesoramento ás empresas, con independencia do sector ao que pertenzan.
Máis polo miúdo, trátase dunha guía que contribúe a diagnosticar as necesidades propias dunha firma e a coñecer as razóns, as vantaxes e as solucións tecnolóxicas que lles permitan ser máis eficaces e competitivas no mercado.
A xornada estivo dirixida aos empresarios de todos os sectores produtivos do noso país e, a través das diferentes presentacións, puideron comprobar cales son as oportunidades e vantaxes que lles ofrecen as novas tecnoloxías para poder mellorar a súa rendibilidade nun intre difícil dende o punto de vista produtivo como o que se está a vivir arestora.
No acto, amais da guía en papel, presentouse a Ferramenta on-line de Autodiagnóstico TIC , recurso web que axuda ás empresas a diagnosticar as súas necesidades en materia de TIC que está aloxada na plataforma web de Ineo (www.ineo.org) e á que pode acceder calquera usuario mediante autentificación.
Tanto a guía en papel como a ferramenta inclúen un directorio das empresas ligadas a Ineo no que se especifican os produtos e servizos que ofrece cada unha e como poden funcionar a modo de asesores tecnolóxicos en función dunhas necesidades específicas.
Durante a presentación do devandito material fíxose tamén un repaso polas axudas que teñen as empresas ao alcance da man en materia de modernización tecnolóxica e de implantación das novas tecnoloxías da información nas pequenas e medianas empresas dos distintos sectores. Axudas que financiar os procesos de implantación nas empresas de calquera sector.
Ademais de darlle un exemplar a cada un dos asistentes á xornada, a Guía de Solucións TIC en papel distribuíuse a través das Confederacións de Empresarios das catro provincias galegas e a través das principias asociacións empresariais así como nos colexios profesionais, cámaras de comercio, etc.
A organización desta xornada por parte de Ineo, contou co financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?