Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A universidade na Sociedade do Coñecemento, a debate estes días en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A universidade na Sociedade do Coñecemento, a debate estes días en Compostela

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_universidade_rede.jpgO futuro non se fai por si só, e o da ensinanza non é unha excepción á regra. Menos aínda se temos en conta que a educación vai cada vez máis ligada a elementos tan variables e impredecibles como as novas tecnoloxías da información. Albiscar cara a onde se dirixe esta mestura de coñecemento e tratar, no posible, de encamiñala cara a situacións que beneficien a toda a sociedade é o obxectivo da xuntanza internacional que se está a celebrar estes días en Santiago.
O encontro, que reúne a especialistas de diversos países debatendo sobre o que vai dar de si a Universidade na sociedade dixital (globalizada e suxeita a crises como a que estamos a vivir e da que non se ve aínda a recta final), desenvólvese na Facultade de Ciencias da Educación da USC.
O seu obxectivo, en palabras dos organizadores, é abrir unha discusión “que axude a comprender o papel da universidade na sociedade dixital, nun intre de cambio da estrutura universitaria en España por mor da implantación do Plano Bolonia”.
A xuntanza non se limita a avaliar o papel da educación superior española, senón que tamén abrangue os eidos europeo e latinoamericano.
O encontro Universidade e Sociedade do Coñecemento, que contaba este xoves coa presenza de investigadores como o británico Ronald Barnett (especialista en didáctica e autor de varios libros críticos co ensino superior), prosegue o venres coa intervención do mexicano Imanol Ordorika, que busca propostas alternativas e orixinais ás estruturas educativas na actualidade, e a partir das 12:00 terá lugar unha mesa redonda titulada Investigacións desde a RED UNISIC. A situación das universidades iberoamericanas fronte á economía do coñecemento.
Segundo informa a USC, a análise dos participantes permitirá incidir no contexto das universidades iberoamericanas e os desafíos que implica a nova orde económica e social actual; a identificación das liñas de investigación que faciliten a comprensión, a avaliación e a toma de decisións sobre o papel da universidade no comezo do século XXI; o exame das relacións entre política, investigación e práctica educativa, e, por último, as demandas formativas neste contexto de complexidade e como se poden concretar no currículo do universitario.
O seminario está organizado pola rede Universidade e Sociedade da Información e do Coñecemento (UNISIC).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?