Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresarios da madeira e as renovables tomaron coñecemento en Vigo da oferta TIC galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresarios da madeira e as renovables tomaron coñecemento en Vigo da oferta TIC galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ineo_vigo.jpgA Zona Franca de Vigo serviu de escenario a finais de xuño a un encontro empresarial dirixido a procurar os camiños que máis nos afasten da focha produtiva que afecta, con máis ou menos diferenzas, a case todos os sectores. Máis polo miúdo, o encontro non só se encamiñou a localizar as ferramentas que máis poden reforzar o tecido produtivo galego, proceso feito de antemán (hai case unanimidade en que os recursos chamados a tal fin son os do coñecemento), senón a localizar as mellores canles para usalas.
Na xuntanza participaron fomentando o dialógo activo os representantes dos clústers e as plataformas tecnolóxicas de tres dos eidos produtivos estratéxicos no noso país: a madeira, a acuicultura e as enerxías renovables.
A idea, convocando unha boa parte da maquinaria económica galega, foi buscar maior colaboración entre a devandita sección e a que se dedica a actividades ligadas do dixital. Neste senso, quedou claro que a necesidade de apoio vén dende ámbalas partes: os tres sectores produtivos, ao igual que o resto do tecido empresarial galego, precisan das TIC para reforzarse perante a crise, e as empresas TIC precisan das outras para medrar e dar saída aos seus produtos.
Asemade, buscáronse na xornada (organizada pola asociación Ineo na súa sede de Vigo) métodos para fortalecer ás compañías galegas do eido dixital no complicado proceso de entrada ao mercado globalizado. Neste senso, fíxose especial fincapé en reforzar a súa capacidade de interlocución, de aí a presenza de compañías alleas ao seu eido de acción.
A xornada, informan os organizadores, cumpriu con estes obxectivos pero tamén coa finalidade de que lograr que os participantes coñecesen os instrumentos e apoios para o desenvolvemento do potencial de coñecemento nas pequenas e medianas empresas galegas para colaborar con outros sectores para os que é un sector transversal.
Deste xeito, os socios de Ineo, aos que estaba dirixida a xornada, puideron coñecer aos interlocutores e posibles cooperantes en proxectos de mellora da produtividade a través da implantación das TIC nos procesos de produción, comercialización, administración e dirección.
Nas exposicións informouse de cal é a situación actual dentro de cada sector e as previsións de evolución futura. Por parte das plataformas tecnolóxicas, apuntáronse os principais obxectivos das súas axendas estratéxicas.
Tamén houbo lugar para a explicación de cales son as axudas vixentes para levar a cabo proxectos de modernización tecnolóxica nos diferentes sectores.
Unha vez finalizadas as exposicións, os participantes tiveron a oportunidade de manter reunións individuais cos relatores para ampliar coñecementos e obter asesoramento ao respecto de cuestións de interese particular para cada empresa.
A organización desta xornada de Ineo contou coa financiamento do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?