Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes festexa na Rede 2.0 o seu 10º aniversario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes festexa na Rede 2.0 o seu 10º aniversario

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

biblioteca_cervantes.jpgA Bibioteca Virtual Miguel de Cervantes está a festexar estes días o seu décimo aniversario na Rede, treito de tempo que en termos reais non é motivo de abraio pero que no eido dixital semella todo un longo camiño asistindo a todo tipo de revolucións e tendencias. A iniciativa, que a día de hoxe centra o seu labor en manterse firme nun vehículo que avanza coma poucos (o vehículo da Web 2.0), ten a súa principal razón de ser na dixitalización de obras literarias e na súa posta a disposición dos internautas a través de descarga libre en distintos dispositivos electrónicos. As entidades responsables da Biblioteca (a Universidade de Alacante coa axuda da Fundación Marcelino Botín e o Banco Santander) contan a día de hoxe cun equipo de arredor de 80 persoas, centrando os seu labor na adaptación dos libros aos formatos dixitais, na corrección dos mesmos e no deseño e mantemento da web.
Neste intre, informa Baquia.com, a Biblioteca ten entre mans unha tarefa complicada: adaptarse a uns tempos que cambian no intre en que deixamos de mirar para eles, os tempos 2.0.
Máis en detalle, do que se trata é de abrirse plenamente á descarga de libros en dispositivos móbiles de toda índole: teléfonos, PDAs ou eReader, contando tamén PCs e portátiles. A maiores, quérese chegar ao meirande número de lectores asumindo feituras e canles de rede social ou ben establecendo colaboracións con outros servizos xa activos de gran calado. Por certo que o primeiro escritor que tivo o privilexio de contar cun portal na Cervantes foi o recentemente falecido Mario Benedetti. Este feito, unido a gran cantidade de seareiros do escritor uruguaio espallados por todo o mundo internauta, foi o pulo definitivo para que a Biblioteca se puxera mans á obra actualizando os máis de medio centenar de rexistros que foron habilitados de Benedetti.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?