Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: La Voz estrea o seu propio moblog de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

La Voz estrea o seu propio moblog de verán

Raquel Noya
Publicado: 10/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

veranomovil.jpgO xornal galego La Voz de Galicia, nun intento por facer que o verán chegue dunha vez por todas á nosa Terra (este ano semella que se resiste máis que nunca) e nos contaxie co bo humor que sempre o caracteriza, vén de darlle aos seus empregados a oportunidade de sair a cubrir as principais festas, romerías, tradicións e ofertas turísticas estivais do noso país para dar conta delas a través de Internet e divertirse á vez que traballan.
Isto, que en principio podería parecer algo habitual e non unha novidade da que dar conta en Código Cero, ten de especial relevancia que a información que recollan os xornalistas de La Voz, será subida á Rede a través dun moblog, un servizo de publicación similar ao weblog que consiste en escribir e actualizar as bitácoras por medio de equipos móbiles (PDAs, Hadhelds ou teléfonos móbiles) dende practicamente calquera momento e lugar.
Xa que logo, durante os meses de xullo e agosto, varios xornalistas deste medio percorrerán Galicia cun móbil na man e “moito enxeño na cabeza” para, segundo afirman os seus responsables, “inmortalizar eses momentos inesquecibles da época de verán e retratar a todos os seus protagonistas” para deixar constancia dos mesmos en Veranomovil, a devandita ferramenta.
Este moblog, que inclúe as seccións de Música, Festas, Vida de Verán e Cancións do Verán, un apartado no que se atopan as melodías que máis están a soar nos chiringuitos esta tempada, tamén permite a participación dos lectores a través da sección, As túas vacacións nun post, na que os convida a compartir as súas experiencias vacacionais a través das súas propias entradas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?