Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: United rompeu a miña guitarra, o último gran éxito na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

United rompeu a miña guitarra, o último gran éxito na Rede

Raquel Noya
Publicado: 10/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

united_breaks_guitars.jpgDe todos é sabido (e incluso asumido) o cariño co que os operarios das aeroliñas tratan as nosas equipaxes cando voamos a calquera destino do planeta. Tanto ten que viaxemos a Irlanda, como a EEUU, a México ou a Xapón, e paguemos auténticas barbaridades polos billetes, pois as nosas maletas e macutos, a parte de que poden acabar na outra punta do globo terráqueo sen nin sequera decatarnos tamén corren o risco de chegarnos nunhas condicións nada recomendables para quen porte obxectos fráxiles ou de valor.
Algo semellante foi o que lle ocorreu aos membros do grupo musical Sons of Maxwell, cando no 2008 viaxaron a Omaha con United Airlines. Segundo conta Dave Carroll, o compositor do grupo, a aeroliña estragoulle a súa guitarra Taylor de 3.500 euros durante un voo (e non precisamente polas turbulencias), e despois de tramitar incontables queixas e non ter atopado solución por parte da compañía, decidiu botar man das mellores ferramentas habidas e por haber para facer chegar o seu caso a tódolos recunchos do Planeta: a música e a Rede; unha combinación explosiva que deu como resultado un dos vídeos máis visto en YouTube nos últimos tempos así como a portada das redes sociais máis importantes de Internet: Reddit, Digg e Menéame.
O vídeo United rompeu a miña guitarra, que podemos ver subtitulado en español en LaInformación, narra as vivencias deste grupo mentres voaba dende Halifax a Omaha con parada en Chicago, onde viron como na parte traseira do avión, mentres agardaban para desembarcar, unha señora avisábaos de que “voaban guitarras alí fora”.
Agora, tal e como asegura Enrique Dans no seu blog, este vídeo, que dito sexa de paso contén un contry-folk clásico moi pegadizo, “vai traer polémica para largo” xa que United terá que cargar coa reputación de ser “a aeroliña que rompe equipaxes” e os tres mil cincocentos dólares que houberan amañado o problema inicial, seguramente se convertirán en moitos miles de dólares en perdas en pouco tempo.
Asemade, segundo afirma Dans, “a estas alturas, as solucións tórnanse complexas xa que, volver atrás para compensar a Caroll significaría que este o fixese público e unha porcentaxe importante de pasaxeiros que sufriron problemas similares reclamaran os seus danos”.
Sexa como for, o caso é que a triste perda da guitarra estalle a supoñer a este grupo un éxito impensable na Rede, onde só en YouTube xa visualizaron o vídeo máis dun millón de internautas.

O vídeo de Sons of Maxwell criticando a United Airlines

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?