Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O walkman cumpre tres décadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O walkman cumpre tres décadas

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Walkman.jpgO walkman vén de cumprir tres décadas de vida e son moitos anos como para que fique alguén sen ter empregado un destes aparellos ou, polo menos, sen ter visto a outra persoa carretándoo en calquera das súas feituras: con casete (o clásico), con CD (o discman) ou ben con MP3. A súa evolución, ao longo deste tempo, é unha historia da tecnoloxía recente en miniatura: do analóxico ao dixital, do voluminoso ao miúdo, do rudimentario ao interactivo. Con todo, hai quen prefire ser preciso e chamarlle walkman só ao primeiro prototipo e non aos pseudo-implantes corpóreos que son os reprodutores MP3 de hoxe.
Falamos dun trebello que vai ligado de xeito irremediable a unha empresa concreta, Sony, e máis aínda a unha lenda urbana: a do seu fundador, Akio Morita, que nun día andando pola rúa puído ver a un rapaz cun reprodutor de casetes sobre o ombreiro e sentiuse inspirado para facer algo que resumise o acto de carretar música.
Con todo, tamén se lle achaca unha parte da idea (sendo a orixe moi semellante) a outro directivo da compañía, Masura Ibuka, e ata hai quen defende unha autoría compartida. Alén de todo iso, a historia tende a poñer as cousas no seu sitio, e cada vez está máis claro que foi o enxeñeiro brasileiro Andres Pavel o gran responsable dun invento que ía cambiar para sempre o noso xeito de consumir música, ou, polo menos, a sentar os alicerces do que viría despois, con distinta feitura pero ca mesma base: a música a todas partes como evasión.
O walkman como tal non foi un aparello inxustamente recoñecido: a revista PC World salientou hai pouco a este aparello como o mellor gadget dos derradeiros cincuenta anos, entendéndose por gadget un obxecto tecnolóxico cunha función útil e específica e que é coma unha prolongación do noso corpo. Falamos unha vez máis do walkman orixinal de Sony, desenvolvido en 1979, mais tamén de tódalas imitacións que viñeron máis tarde. A morte do formato orixinal, o que reproducía casetes, estaba en boa medida cantada dende hai tempo, primeiro coa aparición do discman e logo cos reprodutores dixitais portátiles (iPod).
Atopar hoxe en día a alguén carretando o trebello orixinal no cinto pode ser toda unha experiencia, polo que ten de inesperada.
Durante estes anos vendéronse millóns de unidades, tantas que se pode dicir lle gañaron unhas cantas batallas ó disco de vinilo e ós xiradiscos no mercado, principalmente polo doado que era o proceso de reprodución de cinta a cinta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?