Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os medios xerais desenfundan primeiro cós blogs: ata 2,5 horas antes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os medios xerais desenfundan primeiro cós blogs: ata 2,5 horas antes

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornal.jpgMalia que non estea escrito por parte algunha que os blogs teñan que competir cos medios tradicionais no volume e a rapidez da información xerada, hai estatísticas que semellan encamiñadas a facerlle pagar aos primeiros a audiencia en liña que lles rouban aos segundos malia usar material xerado por estes. Así se podería entender o minucioso estudo que veñen de presentar sobre o ámbito dixital anglofalante as Universidades de Cornell e Stanford e que, entre outras moitas cousas, delimita con miúda exactitude o tempo que tardan as bitácoras en dar conta dunha nova con respecto aos medios de toda a vida: 2,5 horas máis.
A investigación, froito da análise exhaustiva da corrente cíclica que os datos seguen na actualidade (esculcando frases e palabras que se repiten nuns espazos e outros, ligazóns, comentarios e demais), abrangueu a lectura da nada desprezable cifra de 1,6 millóns de medios dixitais e cadernos persoais de fala inglesa.
Este estudo, que ao longo do día probablemente acabe reflectido nos xornais máis belixerantes coa competencia dos blogs (e non será casualidade), semella darlle a razón a quen mide o valor da comunicación pola rapidez e a cantidade da mesma, mais non meténdose en temas como a calidade ou o espírito crítico posto en xogo.
Desta maneira, as estatísticas lles son favorables aos medios tradicionais, que a tenor do que se conta no dito estudo son na maioría dos casos os que desenfundan primeiro (cun promedio de 2,5 horas de adianto). Segundo o informe, a porcentaxe de información que se adianta nos cadernos en liña xerando novas que logo chegan ás canles de toda a vida é moito máis reducida: do 3,5%.
O estudo completo pódese descargar en formato PDF.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?