Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CiberIrmandade lanza campaña en liña para garantir o futuro de Mancomún
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CiberIrmandade lanza campaña en liña para garantir o futuro de Mancomún

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mancomun-2.jpgA CiberIrmandade da Fala vén de mover ficha unha vez máis a prol do galego na Rede, e máis polo miúdo a favor dun centro de desenvolvemento de software que podería non ter cabida na estratexia de promoción tecnolóxica da nova Xunta. Estamos a falar de Mancomún, plataforma posta en marcha pola anterior Consellería de Innovación e que, entre outros eidos, centra os seus esforzos en promover tres cuestións complementarias: coordinar aos grupos galegos de usuarios de programación aberta, reforzar a presenza da nosa lingua a través das novas tecnoloxías e poñer a disposición da comunidade en liña ferramentas libres de uso común, feitas aquí ou adaptadas ás necesidades de aquí. O caso é que a CiberIrmandade da Fala non considera que o novo Goberno autonómico vaia apostar por manter activo este importante centro de traballo, polo que vén de pór en marcha unha mobilización en liña para captar os apoios dos internautas.
O obxectivo da compaña: que a Xunta vexa alén do político e valore o traballo feito por un centro que a xuízo de moitos internautas (incluíndose este que escribe) pode achegar cuestións positivas para unha sociedade coma a nosa, sexa cal sexa o Goberno que estea ao mando ou a súa ideoloxía. “Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor, o bipartito tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixo foi a de lanzar o Centro de software libre Mancomún”, comenta a CiberIrmandade no comunicado que acompaña á súa campaña, e prosegue: “Durante os últimos anos Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis usados como o navegador Firefox ou a suite ofimática OpenOffice, amais de ter desenvolvido o sistema operativo Galinux”. Por este motivo, engaden, animan á comunidade internauta galega (sexa da postura ideolóxica que sexa) a amosar o seu apoio para que o Centro Mancomún siga a funcionar.
As persoas interesadas en facelo poden clicar nesta ligazón para enviarlle á Xunta un correo electrónico no que se lle convida de xeito respectuoso a apostar polo traballo xa feito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?