
Segundo afirman os responsables desta campaña, desenvolvida pola Secretaría Xeral de Medios para dar a coñecer a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC), “nunha coxuntura como a actual, marcada por unha crise económica e laboral, faise necesario buscar alternativas ao xeito tradicional de atopar un posto de traballo. Neste contexto, Internet configúrase como unha ferramenta útil para chegar, sen moverse do sitio, a un amplo abano de empresas de todos os sectores, ben a través dos portais específicos, das webs de administracións públicas ou das propias empresas que oferten o emprego”.

A través da campaña Comunícate, o persoal da Secretaría Xeral de Medios pretende que os Telecentros de Comunicación (TC) se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía e que se constitúan como puntos de referencia de acceso ás novas tecnoloxías no ámbito da comunicación.
O acto terá lugar ás 10:30 horas no Centro Multimedia de Galicia de Santiago de Compostela, na rúa do Hórreo, 61, e a el acudirán, entre outras persoas, Felicitas Rodríguez, xefa do Servizo de Programación Multimedia-Secretaría Xeral de Medios e María Otero Reboiras, Xefa do Servizo de Xestión e Coordinación da Subdirección Xeral de Colocación.
Os interesados poden informarse e inscribirse no teléfono do CAU 902 922 270, ou a través do correo electrónico.
A RTC presenta un titorial para atopar traballo na Rede
Compartir Este Artigo

