Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixanova e IBM abrirán antes de que remate 2009 un centro tecnolóxico en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixanova e IBM abrirán antes de que remate 2009 un centro tecnolóxico en Ourense

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Interior do complexo TIC que IBM mantén en Salamanca
Interior do complexo TIC que IBM mantén en Salamanca
Caixanova e IBM (a través da súa filial INSA) veñen de asinar un acordo dirixido a afianzar a innovación tecnolóxica na nosa terra. O achegamento entre ámbalas dúas partes, segundo deron a coñecer estes martes 14 nun acto oficial que contou coa presenza do presidente da Xunta (Alberto Núñez Feijoo), comezará a materializarse coa apertura dun Centro de Innovación Tecnolóxica (CENIT) de Ourense, complexo tecnolóxico que iniciará a súa actividade antes de que finalice este ano en curso. Este CENIT, que formará parte dunha rede de emprazamentos especializados na produción de programas e servizos informáticos, servirá (en palabras de Caixanova) para evitar a fuga de talentos galegos ou formados aquí, contribuíndo de igual xeito a atraer persoal cualificado de fóra. Por certo que a participación activa de Caixanova deixarase notar nas especificidades do Centro. “Neste senso”, engade a entidade financeira, “o espazo de desenvolvemento xorde coa vocación de ser un referente a nivel nacional no eido da tecnoloxía aplicada ao sector bancario”.
O obxectivo de IBM e Caixanova é que o edificio conte antes de que remate o ano cun equipo de traballo de 50 persoas, deixándose marxe de abondo para acadar os cincocentos empregos ao longo dos anos vindeiros, dependendo da evolución do negocio e da resposta por parte do empresariado.
O seu cometido específico será achegarlle innovación a Caixanova (mellora das aplicacións e servizos, redución de custes), pero segundo apuntou a entidade tanto os froitos de traballo como o alcance do mesmo irán alén deste eido particular. De feito, puntualizou, está previsto que desenvolva diferentes proxectos tecnolóxicos para outras empresas tanto españolas como estranxeiras, co obxectivo de mellorar a súa competitividade e rendibilidade a través do deseño e mantemento de aplicacións.
O CENIT Ourense operará en conexión cos outros dos centros desta índole que INSA mantén habilitados en España: CENIT Aldeatejada de Salamanca (na imaxe) e CENIT Cáceres, así como coa rede internacional de emprazamentos de innovación da casa IBM. O principal beneficio disto é a ampla marxe para compartir recursos que se pon en xogo, o que tamén se traduce en apoios de todo tipo sempre que a situación o requira.
Para Caixanova, tamén son evidentes as vantaxes que o proxecto ten para a nosa terra: con este acordo con IBM, sinala a entidade galega, reforzarase o sector das novas tecnoloxías da información e impulsaranse iniciativas sectoriais e acordos de colaboración “que permitan aproveitar ao máximo as sinerxías entre as empresas e as institucións involucradas”.
Máis información na sala virtual de prensa de IBM.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?