Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os traballadores sociais galegos poñen en xogo unha web para xestionar o seu labor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os traballadores sociais galegos poñen en xogo unha web para xestionar o seu labor

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

codts_galicia.jpgMellorar o desenvolvemento da profesión de traballador social na nosa terra significa mellorar tamén a calidade de vida das galegas e galegos. Tanto para un cometido como para o outro, son precisas ferramentas de debate e de colaboración. Neste senso, a Rede ofrece hoxe posibilidades de abondo, e así o entende o Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galicia (COTDS), que vén de integrar na súa páxina web unha ferramenta en liña chamada Sinerxías, espazo de encontro para xestionar o labor dos seus grupos de traballo. As temáticas e eidos a tratar serán variados, pero terán unha característica común: serán cuestións de máxima sensibilidade para a profesión e para a cidadanía por enteiro. Por exemplo: a dependencia, que con máis de 79.000 demandantes, das/os que menos de 17.000 contan xa cunha resolución ao seu caso. Pero haberá máis: igualdade e máis adiante emigración.
A idea, como dixemos ao principio, é favorecer no posible o labor dos traballadores sociais, feito que só pode repercutir positivamente no resto da sociedade. Neste senso, a Rede é para o Colexio unha ferramenta inmellorable para canalizar ese beneficio, non só porque achega coñecemento senón tamén porque “constitúe unha fórmula óptima para articular os esforzos dos grupos, compostos por profesionais de toda Galicia”.
Sinerxías, unha solución tecnolóxica específica, está xa operativa para o labor colectivo dentro do COTDS. De feito, informa o Colexio, o grupo Análise do Servizo de Atención á Dependencia desenvolve arestora os seus estudos a través de Sinerxías, estando previsto que logo do verán se sume á cooperación en liña o colectivo Muller e Saúde, xa constituído. Máis adiante sentaranse os alicerces de Inmigración.
Sobre o Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia
O CODTS é unha institución con máis de 30 anos de historia que ten como obxectivos a regulación da actividade profesional e a representación da profesión no seu ámbito territorial. Ademais, realiza un seguimento permanente das persoas colexiadas, velando pola súa formación continua e o respecto ao código deontolóxico, para garantir unha correcta atención á cidadanía e o desenvolvemento da actividade na sociedade en xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?