A Universidade de Vigo e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) organizan conxuntamente o vindeiro martes 21 de xullo a xornada Axudas aos Proxectos Empresariais no Plan Galego de I+D+i (InCiTe), encamiñada como o seu propio nome indica a dar conta dos apoios que teñen hoxe á súa disposición as empresas innovadoras que estean a piques de comezar á súa andaina ou ben de levar a cabo un proxecto de modernización no seu seo.
A sesión, que se celebrará a partir das 11.00 horas na Sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (no 104 da Avenida García Barbón de Vigo), centrarase tamén en achegar canles prácticas e de uso doado para a solicitude das devanditas axudas nesta convocatoria, así como en analizar os criterios de avalización que rexen os procedementos de selección. O obxectivo deste punto: axudar ás empresas a elaborar propostas competitivas e exitosas.
Por outra banda, preténdese favorecer un escenario onde as empresas poidan establecer os contactos precisos coa Universidade de Vigo con vistas a posibles colaboracións dos grupos de Investigación e Desenvolvemento (I+D) nos seus proxectos.
A CEP acolle o vindeiro martes en Vigo unha xornada sobre axudas á innovación
Compartir Este Artigo

