Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta presenta a súa primeira medida urxente no eido TIC: o plan para dixitalizar a xustiza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta presenta a súa primeira medida urxente no eido TIC: o plan para dixitalizar a xustiza

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xunta_xustiza_medidas_urxentes_xustiza.jpgA secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, vén de presentar o Plan TIC de Medidas Urxentes do Goberno galego, aprobado xa polo Consello da Xunta, mediante o que se establece o deseño e desenvolvemento dun programa de dixitalización da Xustiza. Este programa (integrado á súa vez no dito Plan TIC) conta cun orzamento de 2,1 millóns de euros. Durante a súa presentación, que contou tamén coa presenza activa do director xeral de Xustiza (Juan José Martín), a secretaria xeral explicou a natureza deste feixe de medidas urxentes. Trátase, subliñou, dun primeiro capítulo de programas a pór en marcha de xeito case inmediato e como estratexia previa ao que está por vir: a planificación estratéxica xeral da Xunta en materia de novas tecnoloxías da información. O plan de medidas urxentes terá un período de vixencia dende maio de 2009 ata decembro de 2010, e o seu orzamento total é de 8,3 millóns de euros para estes dous anos.
Máis polo miúdo, e segundo informou Mar Pereira, o plan prevé decisións inminentes para “evitar impactos en proxectos e sistemas arestora en marcha, ademais de actuacións orientadas a mellorar a eficacia no gasto tecnolóxico, na liña de inducir un aforro efectivo nos tecidos de tecnoloxías da información da Xunta e que grazas ás TIC se poida mellorar o control do gasto noutros ámbitos da administración autonómica”.
Entre os piares do plan, engadiu a secretaria xeral, amais do devandito da xustiza no dixital inclúense os seguintes: acadar unha administración máis próxima da cidadanía pola vía das novas tecnoloxías, lograr meirande colaboración entre as institucións e as galegas e galegos aos que representan e poñer en marcha oficinas virtuais para o desempeño da función pública cun sistema de información de persoal.
Estes son, en palabras de Mar Pereira, os ámbitos de actuación do seu Plan TIC:
· A consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información.
· A seguridade.
· A estabilidade continuidade dos servizos actuais.
· A mellora organizativa no servizo TIC en relación cos usuarios.
· A dinamización e o uso axeitado de sistemas de información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?