Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGANET e a Secretaría Xeral de Modernización salientan o papel das TIC como tecnoloxía anticrise
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGANET e a Secretaría Xeral de Modernización salientan o papel das TIC como tecnoloxía anticrise

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/07/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eganet_e_xunta.jpgA secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, reuniuse este xoves 16 coa directiva da asociación empresarial EGANET co fin de preparar futuras colaboracións en materia de pulo ás novas ferramentas dixitais en todos os eidos sociais e económicos do país. No encontro, que tamén serviu para avaliar a realidade do sector empresarial galego vinculado ás novas tecnoloxías (TICs), participaron Beatriz Legerén, Luz Castro e María Xosé Jamardo, presidenta, vicepresidenta e máis coordinadora de EGANET. Segundo informa a asociación, as representantes desta entidade e a secretaria xeral coincidiron en salientar a importancia do noso tecido produtivo tecnolóxico para uns tempos como os que vivimos, nos que aínda non se albisca un remate definitivo da crise económica que afecta directa ou indirectamente a todos os ámbitos.
Para Mar Pereira e o equipo de EGANET, se hai sectores dende os que se poden extraer recursos para activar a economía galega, entre eles está o das TIC con todo dereito, perfectamente capacitado hoxe en día para favorecer o medre da rendibilidade e da competitividade a nivel global do resto dos sectores.
Con todo, sinalaron, hai unha serie de materias pendentes. Por exemplo: potenciar a colaboración entre asociacións e institucións para garantir que os proxectos promovidos pola Xunta cheguen ao meirande número posible de empresas. As dúas responsables coincidiron igualmente en valorar o que ao seu xuízo foi “un acerto da nova Xunta”: unificar as competencias en materia TIC nun departamento só.
Por outra banda, tamén houbo reflexións sobre as maneiras máis axeitadas de loitar contra a fenda dixital, unha circunstancia que afecta á nosa terra por mor (principalmente) doutras fendas previas que non fan máis que acrecentar o problema: as que afastan económica, demográfica e socialmente os espazos urbanos dos rurais. Para Legerén, esta actividade concreta a prol da inclusión no dixital de todas as galegas e galegos ten que pasar por forza por unha ampliación da rede de telecomunicacións e máis por un achegamento á cidadanía co fin de que a demanda de TICs sexa acorde á oferta. E proseguiu: “A maior coñecemento maior posibilidade de mellora e maior desenvolvemento e competitividade, tanto das novas tecnoloxías coma dos distintos sectores produtivos galegos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?