Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresas de éxito en Internet deron a coñecer en Lugo as claves do seu medre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresas de éxito en Internet deron a coñecer en Lugo as claves do seu medre

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/07/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

etic_02.jpgHoxe en día, os negocios en liña son un ámbito positivamente cuberto. Que hai vendedores xa o sabemos todos, pero o que non estaba totalmente claro é que houbese compradores. E tantos. Segundo datos extraídos dun informe do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (ONTSI), a actividade da compravenda dixital xerou en 2007 un negocio de máis de 4.700 millóns de euros, o que representa un medre do 72% con respecto a 2006. Ademais, a cifra de compradores pasou de ser do 27,3% dos internautas a abranguer hoxe en día a un 40% dos mesmos. Dito doutra maneira: oito millóns de persoas confían na Rede para facer nela o mesmo que viñan facendo nas tendas reais. Estes e outros datos foron dados a coñecer hoxe en Lugo na xornada organizada pola Sala SITE da Fundación CEL en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia e dentro do proxecto EmprendeTIC 2009. O obxectivo do encontro, do que xa dimos conta onte, foi promover ata onde fora posible a posta en marcha de portais de venda virtuais.
Ao xuízo de organizadores e participantes, no ámbito de traballo da propia Rede están as claves para ir deixando atrás a focha produtiva. Dito doutra maneira: a Internet entende ante o impensable as redes de influencia dunha empresa. Así, o que non se vende a un metro de distancia, ben pode facerse, e faise, a máis de mil quilómetros.
etic_01.jpgDurante a xornada, precisamente, fíxose fincapé no valor da Internet como valor engadido polo meirande ámbito de acción empresarial que achega, polo seu meirande alcance entre clientes potencias e pola redución de custes que presenta respecto á posta en marcha dunha tenda física. A sesión, que contou con máis de cen asistentes, abriuse co relatorio de Manuel Laborda, membro da consultoría tecnolóxica Barrabés Internet, compañía que centra unha boa parte da súa estratexia en promover a Rede coma unha porta aberta para o mercado onde compiten os grandes. Máis polo miúdo, unha canle que fica as 24 horas do día accesible para todas as empresas, sexan do tamaño e do eido de actividade que sexan.
Pola súa parte, Alberto Álvarez Flores (pertencente a Álvarez Real Abogados) afondou nos aspectos xurídicos máis salientables do e-comercio no que se refire á protección de datos persoais, centrándose a relatora Pilar Otero (responsable de Banca Electrónica de Caixa Galicia) nas particularidades que ten que presentar unha tenda virtual para abrirse camiño no mercado dixital, sendo unha das máis importantes incluír un medio de pago de emprego doado e fiable, entre os que cómpre salientar (engadiu) as TPVs virtuais ou pasarelas de pago.
Por certo que xornada celebrada en Lugo tamén participaron activamente dúas empresas locais que están a centrar as súas estratexias no espazo en liña. Representantes das dúas firmas, Puzzle Motor (compañía de produtos para coches fabricados en composites de altas prestacións) e Picas Rojas (material para xogos e ilusionismo), compartiron neste encontro algúns dos feitos máis salientables das súas respectivas experiencias no virtual: ámbalas dúas xurdiron hai dous anos ao abeiro da Fundación CEL e ámbalas conciben a Internet coma un mercado onde o propio formato de comunicación, venda e promoción compensa en boa medida a ausencia dunha ampla rede de emprazamentos comerciais físicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?