
Este organismo pídelle ao Valedor do pobo que investigue a situación dende o punto de vista da accesibilidade universal da TDT e que lle esixa ao Ministerio de Industria que garante, tal como consagra a lexislación vixente, o acceso das persoas con discapacidade á Televisión Dixital.
Na súa denuncia, o CERMI sinala que a ausencia de accesibilidade da TDT “vulnera os mandatos da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade”, por unha parte, e a propia normativa española, que prevé expresamente que os novos medios de comunicación han de ser universalmente accesibles dende o inicio, e que as Administracións han de asegurar estas condicións de acceso e uso, pola outra.
O sector social da discapacidade, representado polo CERMI, solicita o Valedor do pobo que interceda co fin de que o Goberno garanta a igualdade de oportunidades no acceso á información e ao dereito a non ser discriminado por razón dediscapacidade, de acordo co noso ordenamento xurídico.
O CERMI denuncia a ausencia de accesibilidade da TDT, perante o Valedor do pobo
Compartir Este Artigo

