O presidente de Microsoft, Bill Gates, vén de presentar hai uns días un proxecto tecnolóxico para deter os furacáns sobre os océanos. O plan, que lle foi entregado á oficina norteamericana de patentes, coñécese como Métodos e aplicacións da alteración da auga, e baséase en tecnoloxías de actuación sobre a mesma auga co obxectivo de arrefriala e evitar que se dean subidas bruscas de temperatura que son, precisamente, o que lle dá pulo destrutivo ás devanditas masas de aire. O sistema, informa El País, funciona do seguinte xeito: colocando barcazas que bombean auga fría dende o fondo ata a superficie, contribuíndo a dispoñer unha protección fría que mingua a virulencia do furacán.
A patente, que fai asinada por unha ducia de científicos, vén da man da casa Intelectual Venture Lab, un centro de investigación creado por ex directivos da firma Microsoft, responsable entre outros inventos dun desenvolvemento dirixido a eliminar os mosquitos responsables da malaria (unha das cruzadas propias de Gates).
Bill Gates presenta un sistema para minguar os furacáns nos océanos
Compartir Este Artigo

