Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acollerá a presentación dunha iniciativa galega de inclusión dixital para persoas con diversidade funcional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acollerá a presentación dunha iniciativa galega de inclusión dixital para persoas con diversidade funcional

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/07/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proxecto_in-tic.jpgO Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Consellería de Traballo segue na súa liña de dar acubillo á presentación na nosa terra de innovadoras ferramentas ao servizo da inclusión social a través do dixital (e viceversa). Desta volta toca falar do proxecto In-TIC (Integración das TIC entre as persoas con diversidade funcional), iniciativa impulsada pola Fundación Orange e deseñada na súa totalidade polo Centro de Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico da Universidade da Coruña. A posta en longo do proxecto terá lugar no dito Centro compostelán o vindeiro mércores 22 de xullo, a partir das 12.00 horas, e no acto participarán (entre outros) Ana Día López (directora xeral de Formación e Colocación), Susana López Abella (secretaria xeral de Benestar), Elena Sierra (vicerreitora calidade e novas tecnoloxías da UDC), Alejandro Pazos (director do grupo RNASA-IMEDIR) e Manuel Gimeno, director xeral da Fundación Orange.
Cómpre sinalar que o proxecto In-TIC permite que as persoas con diversidade funcional poidan mellorar a autonomía persoal grazas a un sistema de apoio que adapta ás necesidades do usuario todas as funcións e programas do computador. Así, a través do deseño e configuración de teclados virtuais pódese conseguir que persoas con diverso tipo de discapacidade (física, cognitiva ou sensorial) poidan ter un uso pleno da Sociedade da Información, con todo o que iso implica: comunicarse, compartir coñecemento, executar aplicacións prácticas, formarse a distancia, coñecer a outras persoas, etc.
Segundo informan os responsables da iniciativa, o sistema tamén pode ser empregado como canle de comunicación para diferentes dispositivos e terminais, dende portátiles a móbiles, pasando por tabletPCs. Por certo que en breve estará dispoñible na Rede a través de acceso gratuíto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?