Co principal obxectivo de achegarlle a solución AutoCAD LT 2010 aos seus actuais e potenciais usuarios, Autodesk vén de abrir un Product Center na súa web, que recompila toda clase de información acerca da ferramenta para permitir un uso eficiente da mesma.
AutoCAD LT® é o produto de deseño 2D máis vendido do mundo, que é coñecido pola súa eficiencia, versatilidade e fiabilidade, cualidades que o fan único no mercado.
Todas as novas funcionalidades de AutoCAD LT 2010 están desenvolvidas sobre a base das necesidades que os usuarios solicitaron e, segundo veñen de afirmar os seus responsables, “multiplica a produtividade dos usuarios grazas á nova función ALIGN, ás ferramentas xref e aos comandos para modificar os atributos dos bloques”. AutoCAD LT 2010 permite agora achegar PDFs nos arquivos de debuxo e a exportación a PDF de alta calidade, facendo que os usuarios poidan compartir doadamente os seus deseños.
Entre outras cousas, neste site pódense atopar preguntas e respostas frecuentes acerca do produto, así como un vídeo presentación e a demo para a súa descarga e proba antes da compra. Asemade inclúe rutas e módulos de aprendizaxe, información sobre os distribuidores autorizados e un sinfín de axudas máis para facilitar o día a día dos usuarios.
Os profesionais do deseño e detallado 2D agora poden ir ao Product Center as veces que o requiran e estar ao día das novidades e dos post da blogueira Kate Morrical experta en AutoCAD LT; así como dispoñer de apoio técnico por parte dos distribuidores e participar no Foro de Discusións para preguntar e compartir información sobre o uso do software de AutoCAD LT a nivel mundial.
A web de Autodesk achega un novo Product Center de AutoCAD LT
Compartir Este Artigo

