Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O parón nas vendas leva ás operadoras a recortar o seu investimento en redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O parón nas vendas leva ás operadoras a recortar o seu investimento en redes

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/08/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

operadoras.jpgA crise é coma un xogo de naipes: se cae un, cae todo. Así, a menos demanda sobre un produto determinado, menos se vai tratar de mellorar ese produto e o servizo que ofrece. Isto, detalle máis ou detalle menos, é o que está a acontecer a día de hoxe co eido das telecomunicacións en España: unha situación que, sen ser catastrófica, si que deixa evidenciar sinais de ralentización motivada pola crise. No que máis se está deixando notar este parón nos ingresos é sen dúbida no investimento no despregue de redes, que vén de ser obxecto dunha redución do 32%. Segundo conta Expansión, o proceso é xeral e afecta a todas as grandes operadoras de telecomunicacións que operan no eido estatal. Dito doutro xeito e para que se entenda: a falta de cartos (motivada polo descenso nas vendas, motivado á súa vez polo noso menor poder adquisitivo), vense na obriga de reducir gastos. E por onde? Pois moi sinxelo: pola mellora no seu servizo.
Así, o investimento das ditas compañías durante o primeiro semestre situouse nun 32% menos ca no mesmo período do ano anterior, que representa unha cifra de 1.041 millóns de euros, ou sexa, 486 millóns de euros menos postos en xogo.
Por certo que os devanditos números abranguen os datos amoreados de reforzamento material en España de Orange, Telefónica (cun medre do 30% no financiamento), Ono (quen aplica o meirande recorte, cun 52%) e Jazztel. Como detalle a ter en conta, cómpre dicir que nese reconto non se inclúe a información achegada por Vodafone simplemente porque esta non a achegou. A principal consecuencia de todo isto, din os especialistas, é a ralentización no pulo ao desenvolvemento das novas redes de alta velocidade (fixo, móbil) que tan directamente afectan ao afianzamento da Sociedade da Información no territorio español, un escenario moi necesitado de apoios para acadar uns niveis de vida dixital equiparables aos do resto de Europa.
Asemade, do progreso ou non das devanditas infraestruturas tamén depende o medre (ou non) de practicamente todo o tecido produtivo español, sexa do sector que sexa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?