Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP distribuirá de balde a través da Rede os temarios para todos os procesos selectivos da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP distribuirá de balde a través da Rede os temarios para todos os procesos selectivos da Xunta

Redacción
Publicado: 06/08/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

060809consello4.jpgA Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) elaborará os temarios para todos os procesos selectivos convocados pola Xunta de Galicia, segundo anunciou hoxe no Consello da Xunta o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. Estes temarios, que serán tanto para persoal funcionario como laboral, atoparanse en edición galega e castelán e poderán descargarse ‘en liña’ e sen ningún custo a través da páxina web da Escola. Para este proxecto cóntase cun orzamento aproximado duns 56.000 euros, repartidos entre a súa redacción e tradución.
Alfonso Rueda presentou esta iniciativa a través dun informe, no que deixou claro que non se trata de temarios, respostas ou materiais oficiais, polo que en ningún caso vincularán opositores ou tribunais. Trátase de instrumentos complementarios e contrastados que servirán de apoio e axuda como textos de referencia, pero nunca de forma exclusiva ou excluínte doutros materiais.
A redacción dos temarios será feita por funcionarios públicos do corpo superior e letrados da Xunta de Galicia, avogados do Estado, xuíces e maxistrados, notarios e rexistradores da propiedade e catedráticos e profesores universitarios. Doutra banda, os temarios dos corpos especiais contarán coa colaboración dos diferentes colexios profesionais e cos funcionarios dos ditos corpos que se determinen no seu momento.

Publicación progresiva dos temarios

Os novos temarios estarán á disposición dos empregados públicos de xeito progresivo, en canto vaian rematando os procesos selectivos en marcha, para non causar disfuncións e inseguridades entre os actuais opositores que estudaron outros temas para este proceso. Así, antes de que remate o ano comezarase cos grupos C1, C2 e a agrupación de subalternos, xa que nesas datas rematan os seus procesos selectivos actualmente en marcha. Posteriormente, a medida que rematen os procesos selectivos dos grupos A2 e A1 poranse á disposición dos interesados os seus correspondentes temas.
A elaboración dos temarios pola EGAP era un requirimento constante das organizacións sindicais e do colectivo dos empregados públicos, así como da sociedade en xeral, xa que aos opositores libres lles facilitará enormemente a súa tarefa ao dispoñer por fin duns temarios de referencia -aínda que en ningún momento teñan carácter oficial- e lles proporcionará unha garantía de fiabilidade dos temas utilizados na súa preparación.
Ademais, o informe tamén indica que os temarios facilitarán a selección e promoción interna do persoal ao poñer á disposición dos interesados un material de calidade redactado por persoal propio das administracións públicas e de recoñecida autoridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?