Microsoft anunciou que o vindeiro 16 de setembro sairá unha nova versión de Office 2008 para Mac para o público profesional que destaca especialmente por deixar de lado a aplicación Entourage (que seguirá existindo, pero orientada á web) e estrear versión maqueira do Outlook para a xestión do correo electrónico e a axenda. A Edición Empresa do Office custará 569 euros (quedando en 338 euros no caso de ser unha actualización).
A nova versión do Office para Mac incluirá un deseño completamente realizado en Cocoa (para unha mellor integración co sistema operativo), unha nova base de datos de alta velocidade e con soporte de Time Machine e indexación por Spotlight e un sistema de administración de dereitos para protexer o acceso aos datos.
O novo Office para Mac incluirá Outlook
Compartir Este Artigo

