
Tamén estiman que outros ingresos adicionais algo difíciles de xustificar, como que os radiodifusores, instaladores e xestores de transmisión do sinal percibirían 1.300 millóns de euros de máis (non entendemos a diferenza entre as emisións actuais de balde a as novas de pago no tocante aos ingresos de difusión), mentres que os produtores de contidos incrementarían a súa facturación en 750 millóns de euros. Entenden así que a TDT de pago supón un efecto dinamizador.
Dende o Goberno establecen paralelismos entre o salto de Canal+ a Cuatro á actual transición á TDT de pago, aínda que precisan que no concurso público a través do que deron licenzas a Veo TV, Net TV e La Sexta establecíase expresamente que a modalidade de emisión sería en aberto.
Agardan que a TDT de pago xere 5.000 millóns de euros en 4 anos
Compartir Este Artigo
