Para adaptarse aos tempos que corren a xefatura do goberno brasileiro abriu o Blog do Planalto, un espazo no que un equipo de persoas dedicarase a informar publicamente das actividades do presidente Lula da Silva e o seu Executivo, achegándose así máis aos cidadáns, o que o presidente xa viña a facer a través de radio e prensa.
Este espazo abre cun vídeo de presentación e cos comentarios pechados (tanto no blog coma en YouTube), polo que estariamos máis nunha canle de comunicacións públicas que nun blog participativo e persoal.
Estariamos ante un caso máis de uso na plataforma web con finalidade propagandística, e non para escoitar aos cidadáns, no que parece unha oportunidade desaproveitada.
Vídeo de presentación do Blog do Planalto
O presidente do Brasil estrea blog
Compartir Este Artigo
