Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis da metade das empresas bota man das opinións dos internautas na Rede 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis da metade das empresas bota man das opinións dos internautas na Rede 2.0

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

redes_sociais-3.jpgAs redes sociais poñen en xogo vantaxes comunicativas para os internautas en xeral e, tamén, para as empresas. A fin de contas, ten a súa lóxica que así sexa: unha compañía de calquera índole que desexe saber o que a xente quere só ten que acudir aos espazos, reais ou virtuais, onde a xente conta iso que quere. De feito, moi mal lles iría se non o fixeran. Segundo un estudo desenvolvido por SPSS e reflectido xa nunha chea de medios en liña (neste ou neste outro), redes sociais como Facebook ou Twitter son a día de hoxe a mellor canle para localizar información de valor sobre o que demandan os consumidores. E cando falamos de información de valor falamos simplemente do que queda logo dunha longa peneirada onde fican fóra o que en definitiva é na actualidade o groso da Rede: palla.
No estudo de SPSS, empresa especializada en software e servizos de predicións, case o 55% das firmas dedican cada vez máis tempo e recursos a localizar e almacenar as respostas dos máis que posibles clientes a través das devanditas canles 2.0. Por se isto fose pouco, a tendencia é a que se incrementen eses departamentos das empresas dedicados en maior ou menor medida a asexar o que as redes sociais teñen de fiable: a porcentaxe aplicada a 2008 era do 48%.
As razóns de todo isto cumpriría atopalas na suposta veracidade do que se conta nas redes sociais, feito que en non poucos exemplos desemboca na expresión máxima da sinceridade. Ou sexa, que as empresas tiran partido dunha das grandes vantaxes da Rede 2.0: esta non só nos anima a que deamos a nosa opinión, senón a que digamos a nosa opinión verdadeira, e canto mellor exposta mellor.
Volvendo ao estudo, sinalar que o 80% dos enquisados considera que estes datos achegados polos consumidores están gañando cada vez máis importancia para o seu negocio, sendo do 78% a porcentaxe de firmas que cre que a información recollida sobre a resposta dos clientes debe ser compartida polos diferentes departamentos da compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?