Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Net2 e Astra presentan en Santiago unha solución para rematar coa fenda dixital galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Net2 e Astra presentan en Santiago unha solución para rematar coa fenda dixital galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

net2_satelite.jpgAs empresas Net2 e SES Astra, especializadas en servizos de rede e de comunicacións por satélite (respectivamente), están a achegar á nosa terra os froitos dos seus esforzos colaborativos en materia de acceso á Rede universal e a prezos razoables. A máis recente cita cos profesionais e cos clientes galegos foi en Compostela, este martes 1 de setembro, e nela deuse a coñecer, entre outras cousas, o servizo Astra2Connect, un recurso para conectármonos á Internet que, a xuízo dos seus responsables, conta con potencial abondo para rematar dunha vez por todas cos problemas de cobertura dixital que ten unha boa parte da nosa terra. De feito, así o recalcaron as dúas compañías no encontro de hoxe: está por aparecer aínda a solución definitiva para a nosa fenda dixital, unha circunstancia que é aínda máis grave se temos en conta as importantes vantaxes comunicativas e de negocio que lles achegaría a Rede ás explotacións gandeiras e agrícolas, á hostalería e ao turismo e, en definitiva, ás pequenas e medianas empresas que desenvolven o seu labor afastadas dos grandes núcleos urbanos.
Por certo que na presentación deste servizo participou o director de Desenvolvemento de Astra, José Luis Gárate, quen sinalou que o número de tecnoloxías que non funcionaron como se agardaba en materia de cobertura dixital íntegra é a día de hoxe elevado de máis, polo que cómpre dirixir a ollada cara un recurso que sexa especialmente axeitado para as circunstancias particulares da xeografía galega, moi accidentada e cunha poboación especialmente dispersa. Ao seu xuízo, non cabe dúbida que esa tecnoloxía é o satélite. “A orografía e o espallamento poboacional en Galicia fan inviables outras solucións”, comentou. E proseguiu, facendo referencia ás vantaxes deste recurso: “Co satélite pódese chegar ao 100% dos fogares e as empresas galegas e, con este novo servizo que presentamos, a prezos razoables, de arredor de 40 euros mensuais”.
Na súa opinión, semellante problemática presenta a extensión da cobertura de TDT, que ten que recorrer ao satélite para poder abranguer todo o noso territorio.
Tanto nun caso coma noutro, sinalou, estanse a obter importantes apoios por parte das administracións estatais. Un exemplo disto é a implicación da Deputación de Ourense no desenvolvemento de telecentros, iniciativa na que Net2 está a traballar xa a día de hoxe. Con todo, a empresa aproveitou o acto celebrado en Compostela para chamar a atención do Goberno autonómico: “O desexable sería que novo Executivo galego adoptara unha postura semellante á de por exemplo o novo Executivo navarro, co que asinamos un convenio para conseguir que o 2% dos cidadáns daquela autonomía que aínda ficaba na escuridade dixital dispuxera de subvencións para asumir todos os gastos de instalación e compra destes equipos”.
Por certo que a presentación desenvolvida hoxe en Santiago é a primeira das nove que percorrerán o país ao longo do mes de setembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?