Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Consellaría de Educación saca a concurso a migración do seu servizo de correo a software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Consellaría de Educación saca a concurso a migración do seu servizo de correo a software libre

Raquel Noya
Publicado: 02/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

software_libre.jpgOs galegos e galegas que temos o costume de mirar o DOG a cotío na procura de iniciativas e proxectos que nos poidan beneficiar dalgunha maneira, non puidemos máis que sorprendernos (e alegrarnos, todo sexa dito de paso) cando botando unha ollada no Diario Oficial de onte, día 1 de setembro, vimos o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que sacaba a concurso o servizo de migración da súa plataforma de correo electrónico corporativo cara a unha arquitectura baseada en software libre.
O concurso, segundo informa a entidade, está dotado cun importe de 180.000 € con I.V.E. e require, entre outras cousas, que o desenvolvemento e implantación da devandita solución baseada en software libre para a plataforma de correo electrónico inclúa o servizo frontal de correo, o servizo de antispam, o servizo de antivirus, o servizo de caixas de correo e o servizo de webmail.
A migración da plataforma actual de correo cara á nova solución deberase facer, en resumidas contas, de xeito que o usuario non perda ningún tipo de información asociada coa súa conta de correo electrónico e integrando unha interface web accesible segundo o estándar WAI-AA da W3C.
Asemade, o mecanismo de autenticación da solución deberá integrarse totalmente co sistema LDAP corporativo baseado en OpenLDAP e os mecanismos de comprobación do estado do servizo deberán integrarse co sistema de monitorización Nagios.
A plataforma de correo electrónico corporativo desta entidade académica proporciona servizo aos centros educativos, profesorado, alumnos e servizos centrais da consellería, reunido un total de 50.000 contas de correo electrónico, que xestionan, segundo puidemos ler en Mancomún, “máis de 1.200.000 mensaxes diarias”.
A previsión da consellería é, segundo engaden na web de Mancomún,”que estas cifras aumenten considerablemente nos vindeiros anos”, polo que a mellor solución, en relación calidade prezo, vén sendo pasarse as aplicacións abertas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?