Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A oferta docente da USC contará cun apoio de primeira orde: o dos enxeñeiros galegos en informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A oferta docente da USC contará cun apoio de primeira orde: o dos enxeñeiros galegos en informática

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_e_cpeig_acordo.jpgMalia non ser exactamente nova, a colaboración entre a Universidade de Santiago e os enxeñeiros galegos en informática vén de asentar uns alicerces máis que firmes coa sinatura dun acordo marco dirixido a fomentar o uso e presenza da Rede na nosa terra. O convenio, presentado hoxe no Colexio de San Xerome en Compostela, constitúe en boa medida unha aposta pola lóxica: a promoción e afianzamento das novas canles de comunicación ten que ser, por forza, o obxectivo dos enxeñeiros e máis os enxeñeiros técnicos en informática. Con esta finalidade de traballar conxuntamente reuníronse no dito espazo Senén Barro (reitor da USC) e Fernando Suárez e Miguel Abad, presidentes dos Colexios Profesionais de Galicia de Enxeñería e Enxeñería Técnica en Informática. O seu obxectivo, máis polo miúdo, será múltiple e percorrerá diferentes ramificacións, todas elas saíndo dun mesmo tronco: o pulo ás novas ferramentas do coñecemento.
Así, a idea é mellorar na medida do posible a oferta docente da USC ligada ao tecnolóxico para contribuír, a medio e longo prazo, a unha sociedade dixital máis desenvolvida. Ao mesmo tempo, traballarase para fomentar o papel dos devanditos colexios no camiño dun maior recoñecemento social dos mesmos, o que só pode repercutir na mellora das propias comunicacións e o manexo que teñamos das mesmas.
Durante o acto de presentación do acordo fíxose fincapé no papel que xogará cada unha das partes e nas moitas vantaxes desta cooperación. Tanto Barro, como Suárez e Abad coincidiron no “longamente agardado” que resulta un convenio desta índole, nun principio abranguendo un período de catro anos, pero na práctica (e así o fixeron saber os implicados) moi suxeito a ampliacións. O achegamento, sinalaron, non podía xurdir dunhas condicións mellores: tanto a USC como os ditos Colexios están cen por cen de acordo na importancia das novas tecnoloxías da información na sociedade galega. “A partir de aí”, puntualizou Abad, “todo foi moi doado”. A idea principal, como dixemos, é beneficiar aos propios asinantes para mellorar a medio prazo a todo o noso país. Neste senso, para Fernando Suárez o acordo responde plenamente ás necesidades da sociedade moderna na que vivimos. É por así dicilo un dos moitos compromisos que teñen con ela os enxeñeiros.
Con todo, subliñou, a colaboración non é nova e xa comezou hai tempo, no xenérico colaborando na formación TIC e no específico en actividades como por exemplo a implantación dos estudos de titulación de grao na Universidade de Santiago. Polo que respecta a Senén Barro, abriu a súa intervención anunciando a estrea para este ano do curso de enxeñería informática como grao. E engadiu, facendo referencia ao que busca a USC reclamando a axuda e colaboración dos enxeñeiros: “A oferta docente da Universidade está sempre en desenvolvemento, e agora máis que nunca, por iso o que queremos é contar co apoio directo e a supervisión dos Colexios”. Precisamente, neste intre están a traballar de xeito conxunto o que será o máster en enxeñería informática.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?