Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocados os Premios Galicia de Investigación deste ano, dedicados á Humanística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocados os Premios Galicia de Investigación deste ano, dedicados á Humanística

Raquel Noya
Publicado: 02/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A Consellaría de Economía e Industria, co principal obxectivo de premiar o labor incansable das persoas que se dedican á investigación na nosa terra, e que ás veces non teñen máis recoñecemento que a propia satisfación de ter acadado algún achado, vén de convocar os Premios Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística, correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2009.
Coa publicación das bases no DOG este martes 1 de setembro, a devandita entidade pública abre o prazo para presentar candidaturas a este galardón, que recompensa o traballo científico e favorece o recoñecemento social do traballo de investigación realizado desde Galicia e en favor da sociedade galega, á vez que estimula o labor dos investigadores máis novos.
Estes galardóns, creados en 1998, supoñen, segundo afirman os seus máximos responsables, “o principal recoñecemento institucional ao traballo realizado polos científicos galegos”, e na edición deste ano, na que corresponde premiar o traballo na categoría humanística, vaise aproveitar para facerlle unha homenaxe á figura de Antonio López Ferreiro, historiador, arqueólogo e novelista galego que xogou un papel fundamental na expansión do culto xacobeo.
Ao igual que nas anteriores edicións, co obxectivo de premiar tanto as traxectorias máis dilatadas como ás máis prometedoras, os Premios constan este ano de dúas categorías: a de investigador sénior, de recoñecemento a toda unha carreira investigadora, e a de investigador mozo, para persoas que en poucos anos xa teñen destacado polos resultados do seu traballo científico. Nas dúas categorías os investigadores deberán cumprir algún dos seguintes requisitos: estar adscritos a centros de investigación de Galicia ou ter abordo nos seus traballos temas directamente relacionados con Galicia.
Á categoría sénior poden optar persoas que veñan realizando investigación desde hai un mínimo de vinte anos na área humanística. Os candidatos deben ser propostos por algunha institución académico-científica ou por un colectivo de, polo menos, dez investigadores deste ámbito de coñecemento. A achega do premio é de 38.000 euros, e os galardoados se lles outorgará un medallón esculpido en bronce coa efixie de Antonio López Ferreiro e un diploma acreditativo.
Para optar ao premio a investigadores mozos, os candidatos non poden ter máis de seis anos de antigüidade co grao de doutor e deben ser propostos por un órgano colexiado dunha institución académico-científica. Nesta categoría, a dotación é de 7.000 euros máis un diploma acreditativo.

Aberto o prazo
O prazo para a presentación de candidatos aos Premios remata o próximo 1 de outubro.
As propostas, formalizadas no modelo oficial, deben ir acompañadas do currículo vitae do investigador, de documentación acreditativa dos méritos, así como de copias das súas publicacións máis relevantes. Estas solicitudes presentaranse no rexistro da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (na rúa Feáns, 7, local C, C.P. 15706 Santiago de Compostela).
O xurado que avaliará as propostas estará composto por sete expertos na área humanística, tres deles en representación das universidades galegas, outro da Real Academia Galega na área competente e os restantes nomeados pola Dirección Xeral de I+D+i. Unha vez resolto o premio e anunciados o seus gañadores, a entrega farase nun acto público.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?