Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os internautas teñen cada vez máis problemas para identificar as novas fiables
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os internautas teñen cada vez máis problemas para identificar as novas fiables

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/09/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

black_screen_of_darkness-b1402.jpgA información chega dende todas as frontes e respondendo a múltiples intereses, polo que o principio de dúbida sobre a veracidade do que se nos conta tería que estar, arestora, máis vixente que nunca. Isto que é aplicable aos medios de comunicación tradicionais, que con contadas excepcións soen mentir (conscientemente ou non) en case todas as súas páxinas, tamén o é ás canles en liña de todo tipo, aos blogs, ás redes sociais, aos correos que nos chegan e, como non, ao mensaxes de texto que van dar ao noso móbil falándonos de premios e amizades inexistentes. A cousa enléase, sobre todo porque os autores dos textos falsos son tamén comunicadores profesionais ou ben adoptan o estilo e as formas de traballo destes comunicadores. Para a Asociación de Internautas, hai unha realidade fóra de dúbida: cada vez costa máis diferenciar a ovella do lobo.
De feito, sostén, arestora podemos dicir que ao 70% dos usuarios da Rede lles costa identificar unha nova fiable de entre tanto lixo informativo.
E a tendencia é ao medre, sobre todo se temos en conta que o ano pasado, por estas mesmas datas e con motivo do mesmo estudo, a porcentaxe en cuestión andaba dez puntos por debaixo.
Na mesma investigación do colectivo de internautas tamén se informa que a práctica totalidade dos internautas usa Internet para procurar información, sendo a Rede unha plataforma inmellorable para darlla. Con todo, este afianzamento progresivo da Rede como fonte de coñecemento pode verse obstaculizado pola práctica cada vez máis estendida de espallar bulos, ou, para entendérmonos, novas supostamente reais (que veñen revestidas de todas as características dunha nova real) que teñen a finalidade consciente de difamar ou crear polémica e que logo son recollidas por medios xerais que as dan por verdadeiras e as difunden. O problema, con todo, non é novo: sempre houbo xente dedicada a este traballo de confundir aos xornalistas, a clave está agora e máis que nunca na propagación da técnica do “curta e pega”, que fai que as redaccións se convertan en simples equipos de transmisión de datos, sen máis.
Volvendo ao estudo, dicir que un terzo dos 3.129 internautas enquisados considera que o mellor xeito de saber se o que teñen diante é unha nova falsa ou non é ver se a fonte da información está identificada. Outro 21% cre que a solución está en incluír os datos dun estudo dunha fonte mencionada.
Para a Asociación de Internautas, a cousa está clara: a mellor maneira de localizar este tipo de informacións é ver se teñen data de publicación e a que tempo concreto se refiren. Se o texto non ten data, é moi atemporal, é anónimo e non ten fontes, entón temos moitas posibilidades de estarmos perante un bulo. Se ademais o texto inclúe un reclamo para captar a nosa atención (algo vinculado ao morbo, a violencia, o sexo ou os cartos), entón xa case non haberá dúbida algunha.
Na imaxe, a ilustración dunha nova falsa relativamente recente na que se falaba dunha nova medida de seguridade da compañía Microsoft consistente en converter en negro as pantallas dos usuarios de copias ilegais dos seus produtos. Finalmente, demostrouse que a empresa non tiña pensado nada semellante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?