Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede sen fíos chegará a 24 aeroportos españois
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede sen fíos chegará a 24 aeroportos españois

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wi-fi-aeropuerto.jpgO Wi-Fi, en parte porque os tempos corren e en boa medida porque os cidadáns así o esixen, vaise asentando nos aeroportos españois. E tanto que é así: segundo veñen de informar as empresas Indra e Avanzit nun comunicado xurdido ao abeiro dun acordo de cooperación, traballarán xuntas para instalar e despregar a dita tecnoloxía de acceso á Rede sen fíos en varios aeroportos de AENA. A iniciativa, que vén acompañada dun orzamento total de 5,1 millóns de euros, inclúe o equipamento Wi-Fi dunha cifra de 24 emprazamentos repartidos polo territorio estatal. Máis polo miúdo, sinalar que o sistema contratado por AENA constitúe un proxecto “chave en man”, contando as novas redes sen fíos con arredor de 1.400 puntos de acceso para os devanditos aeroportos.
O obxectivo é que estas redes sen fíos cumpran os requisitos precisos para soportar servizos de voz e de datos ao mesmo tempo, así como de procura de dispositivos de acceso baixo os “máximos niveis de seguridade e dispoñibilidade”.
A nova está a ser acollida de xeito positivo nas webs especializadas nesta tecnoloxía de acceso á Sociedade da Información, como por exemplo en Lavidawifi.com, onde ven a iniciativa como un exemplo salientable da tendencia comunicativa dominante: a comunicación omnipresente en todos os recantos da nosa vida diaria. “Dotar de puntos sen fíos aos espazos públicos é hoxe en día algo necesario”, sinálase neste espazo, e non só para os viaxeiros que se trasladan dun lugar a outro por motivos de negocios, senón para todo os pasaxeiros en xeral, expostos como están –sen excepción- nestes espazos a longos tempos de espera que poderían ser aproveitados para algo tan preciso como a comunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?