Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace a web de servizos para desempregados, Portalparados.es
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace a web de servizos para desempregados, Portalparados.es

Raquel Noya
Publicado: 03/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

portalparados.es.jpgSegundo datos emitidos polos Servizos Públicos de Emprego Estatal (Spee, o antigo INEM) en agosto incrementouse o paro en 85.000 persoas máis ata situarse na cifra actual de 3.629.080 parados, que dentro do malo, e aínda que as cousas non estean para botar foguetes, xa teñen un sitio en liña ao que acudir para obter información sobre axudas, procura de emprego e incluso facer consultas sobre todo o que teña que ver coa súa situación laboral ou psicolóxica. Portalparados.es, que así se chama esta esperanzadora ferramenta, vai dirixida especialmente ao colectivo de persoas (cada día máis numeroso) que, debido á crise, se atopan temporalmente sen emprego e precisan axuda e consellos para atopar un novo. A web, reúne a información dispersada pola Rede nunha única páxina, a fin de que o usuario poida ir a tiro fixo e non andar perdido á súa sorte correndo o risco de ser vítima dun timo ou dunha falsa oferta. Asemade, o portal inclúe un apartado especial dedicado ao asesoramento laboral e psicolóxico do usuario, que o pode axudar, da man de expertos, a levar da mellor maneira posible a carga que supón a perda do traballo e da estabilidade derivada do mesmo. Por outra banda, os creadores do portal, sabedores de que este colectivo non debe renunciar ao ocio nin a distraerse do seu entorno habitual, incorporaron unha sección na que os internautas poden atopar ofertas de viaxes, vacacións ou escapadas a baixo prezo, así como voos gratis en compañías de baixo custe ou entradas sen custe a diversos museos españois. Portalparados tamén dedica un apartado á participación dos usuarios na comunidade, por medio de blogs e un foro no que poder deixar constancia das súas opinións, preocupacións, consultas, ideas ou todo aquelo que desexen cada vez que entren na web á procura de darlle un cambio á súa vida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?