O Goberno español proporá a aprobación dunha Carta de dereitos dos usuarios das telecomunicacións que rixa igual para toda a cidadanía da Unión Europea, sen prexudicar as condicións de acceso ás Rede das persoas que, polas circunstancias que sexan, non gocen dunha oferta tecnolóxica xusta. Así o fixo saber o secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, durante a clausura do XXIII Encontro das Telecomunicacións da Universidade Menéndez Pelayo (Santander), xuntanza que tamén aproveitou para comunicar a intención do seu Goberno de traballar a prol do despregue de redes de nova xeración e aprobar, a maiores, a nova estratexia europea en Sociedade da Información 2010-2015.
Asemade, informa o Ministerio de Industria, Ros fíxolles saber aos operadores que desenvolven o seu labor en España que teñen de prazo ata o 15 de setembro para modficiar os seus títulos co obxectivo de empregar a banda de 900 Mhz para UMTS.
O Goberno traballará a prol dunha Carta de dereitos dos usarios das telecomunicacións común na UE
Compartir Este Artigo

