Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede de Telecentros retoma a actividade formativa con cursos en Carballiño, Lugo, Ourense e Becerreá
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede de Telecentros retoma a actividade formativa con cursos en Carballiño, Lugo, Ourense e Becerreá

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telecentros_rede.jpgLogo da pausa formativa do mes de agosto, a Rede de Telecentros de Comunicación vén de retomar a actividade divulgativa cunha serie de cursos vinculados ás novas tecnoloxías do coñecemento, a comunicación, a creatividade e a xestión de recursos enerxéticos. As iniciativas, que se desenvolverán ao longo deste mes de setembro en diferentes puntos da Rede, xorden co obxectivo de tirar proveito das características tecnolóxicas e de emprazamento das aulas para poñer a sociedade dixital o máis preto posible da veciñanza. Por certo que o programa comezará no Carballiño, este luns 7 de setembro, cun curso de informática como ferramenta de axuda aos estudos. A iniciativa, organizada polo departamento de Xuventude do Concello en colaboración coa Secretaría Xeral de Medios (da que depende a Rede de Telecentros), desenvolverase do 7 ao 11 de setembro en horario de 11.00 a 13.00 horas.
A continuación, será o espazo de conexión de Lamas de Prado, en Lugo, o que dea acubillo á seguinte actividade de divulgación. Desta volta, trátase dun curso sobre fotografía incluído dentro do ciclo formativo sobre fotografía e vídeo, a organizar os días 14 e 15 de setembro en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. As sesións correrán a cargo da Asociación de Fotógrafos Profesionais de Lugo.
Maior extensión no tempo terá a iniciativa preparada para o Telecentro de Ourense, que albergará a partir do 14 de setembro un curso sobre enerxías renovables e novos xacementos de emprego. A actividade, organizada polo Concello, a Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo (coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente) inclúe 30 horas de sesións formativas a desenvolver en horario de 17.00 a 21.00 horas durante as seguintes xornadas: 14, 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24 e 25 de setembro.
Para rematar esta primeira achega divulgadora da Rede de Telecentros, sinalar que a partir do 15 de setembro está programado no espazo de acceso de Becerreá un curso sobre informática básica dirixido a todas aquelas mulleres que estean interesadas en introducirse nas vantaxes e segredos do manexo dos recursos da Sociedade do Coñecemento.
A actividade en cuestión, organizada polo Concello de Becerreá en colaboración co Servizo Galego de Igualdade, desenvolverase do 15 de setembro ao 19 de outubro en horario de 10.00 a 14.00 horas.
O curso prográmase a través de distintos módulos: Introdución á informática, Windows XP ou sistemas operativos equivalentes. Office xp procesador de textos, folas de cálculo, Internet, Correo electrónico, módulos de igualdade de oportunidades e orientación profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?