Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Usar sempre a mesma clave: leña ao lume da inseguridade informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Usar sempre a mesma clave: leña ao lume da inseguridade informática

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

password_star.jpgEntre as recomendacións de seguridade que nos ofrecen cada pouco as empresas dedicadas a este asunto moderadamente lucrativo de protexernos, hai unha que nestes últimos tempos se repite con moita frecuencia: a recomendación de non empregar para todos os servizos en liña nos que estamos dada de alta unha vez tras outra o mesmo contrasinal. Iso mesmo, só que entrando un pouquiño máis en detalles e cargando as tintas nas consecuencias, é o que está a facer estes días a firma CPP a través dun estudo propio de seu sobre seguridade dixital reflectido estes días por medios como Baquia ou The Telegraph. A investigación achega unha serie de datos interesantes: case o 50% dos usuarios da Rede de Reino Unido non se complica moito a vida á hora de achegar unha clave para entrar nos diferentes espazos de Internet: pon en xogo e por sistema o nome da súa mascota, unha data sinalada ou ben as primeiras cifras do seu móbil.
O caso é que o contrasinal sempre é o mesmo, e nunha boa parte dos casos moi doado de adiviñar: só hai que achegarse ao día a día da persoa en cuestión e descubrir cómo se chama o animal que ten na casa ou o nome dos seus fillos. Teremos deste xeito un terzo das posibilidades cuberto, que non é pouca cousa.
Por se isto fose pouco, as claves dos internautas son cada vez menos segredas: entre as parellas e as familias semella ser un compromiso case que sagrado o feito de dalas a coñecer. A cousa non tería maiores consecuencias, sostense no dito estudo, se non fose porque moitas desas parellas desfanse e logo o contrasinal non se troca por outro. Consecuencia: os datos son expostos e poden ser usados para todo tipo de fins. E a cousa non está para brincadeiras. Segundo conta o informe en cuestión, un de cada dez internautas sufriu nas súas carnes a intromisión doutra persoa na súa información privada e un de cada vinte foi obxecto dun roubo de identidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?