Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea recibe aos responsables do proxecto de dixitalización de libros de Google
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Comisión Europea recibe aos responsables do proxecto de dixitalización de libros de Google

Raquel Noya
Publicado: 07/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Google.jpgO xigante americano Google, que no pasado mes de outubro chegaba a un acordo coa Asociación de Autores e Editores de Estados Unidos para dixitalizar as súas publicacións e repartir os beneficios, vén agora de mostrar un especial interese por facer o propio cos libros europeos, para colgalos a través de Internet e permitir o seu libre acceso a tódolos internautas. Para isto, a compañía californiana terá que convencer á Unión Europea de que o seu “proxecto de dixitalización de libros” é lícito e serio, así como unha maneira de achegarlle a cultura aos internautas de xeito doado e barato, e non unha mera acción de lucro coa que obter beneficios millonarios aos que nos ten acostumados. Entre hoxe e mañá, os responsables do proxecto, deberán comparecer ante a Comisión Europea para explicarlle aos seus membros en que consiste o acordo que acadaron o pasado ano coa devandita asociación de editores e co sindicato de autores de Estados Unidos, onde despois de meses de lixitios, Google e os posuidores dos dereitos de autor acordaron repartir os beneficios “de colgar obras descatalogadas que volven a ser accesibles grazas a Internet”. Segundo Google, “estas obras representan o 70% dos libros publicados, fronte ao 20% dos volumes que xa son de dominio público e o 5% que representan os exemplares presentes nas librarías”. Este acordo, que aínda está pendente da decisión da xustiza estadounidense, prevé que o buscador peciba o 37 por cento dos beneficios ligados á súa explotación, mentres que os autores e editores quedan co 63 por cento restante, facendo desta acción, unha iniciativa que favorece tanto a lectores como a escritores e, por suposto, á propia compañía. Nembargantes, outras compañías do sector como Amazon, Microsoft e Yahoo, critican a iniciativa por temor a que Google “abuse da súa posición dominante no mercado”. Aquí en Europa, editores italianos e franceses, non ven viable que se asine un acordo semellante ao americano neste lado do charco, argumentando que “a normativa impide por agora a dixitalización de obras con dereitos vixentes”. Sexa como for, o caso é que Google preséntase hoxe en Bruxelas para expoñer o proxecto, que, de tirar para diante, porá a disposición de tódolos internautas os libros que desexen sen ter que desprazarse ata as mellores bibliotecas e librerías do mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?