Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

S. P.
Publicado: 25/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) puxo en marcha un proxecto de inclusión laboral, centrado en reducir a fenda dixital e fomentar a inserción profesional de preto de 280 persoas, con especial atención ao rural galego. O proxecto, cun custo que ascende a 18.000 euros, está financiado por BBVA.

Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, recibiu onte na sede da entidade en Santiago de Compostela a Begoña Cuetos, directora de Banca de Empresas e Institucións da Rexional Noroeste de BBVA, e presentoulle os avances do Programa de Mellora da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade, unha iniciativa que contempla 37 obradoiros de empregabilidade, dirixidos a persoas de entre 18 e 65 anos, con especial foco nas competencias dixitais, que son, en palabras de Queiruga, “claves para facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas con discapacidade, particularmente no rural galego, onde existen maiores dificultades estruturais para acceder a recursos e oportunidades laborais”.

“Para BBVA é un orgullo colaborar con entidades que levan tantos anos de traxectoria como COGAMI, cuxo traballo diario transforma realidades. Cremos firmemente que a capacitación tecnolóxica e o impulso ao emprego son pancas clave para reducir desigualdades e construír unha sociedade máis inclusiva, especialmente nas contornas rurais de Galicia”, sinalou Begoña Cuetos.

Pola súa banda, o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, expresou “agradecemos o compromiso e a implicación de BBVA co labor do servizo de Emprego de COGAMI. Esta colaboración permite que as persoas con discapacidade que viven no rural adquiran competencias dixitais, reduzan a fenda dixital e conten coas mesmas oportunidades á hora de acceder ao mercado laboral”.

Capacitación dixital e ferramentas prácticas para o emprego

O plan de traballo contempla a realización de 30 obradoiros grupais de empregabilidade e 7 obradoiros especializados en competencias dixitais básicas, deseñados para romper a fenda dixital e dotar ás persoas asistentes de ferramentas clave para o mercado laboral actual. Entre as materiais impartidas destacan a elaboración de currículum vítae adaptado, a optimización de perfís en plataformas profesionais como LinkedIn, o reforzo das chamadas soft skills e a preparación de procesos de selección mediante simulacros de entrevistas e dinámicas de grupo.

O programa prevé alcanzar entre 260 y 280 persoas participantes, das que máis do 70 % mellorará substancialmente as súas competencias dixitais e polo menos 80 accederán de forma directa a procesos reais de selección e entrevistas de traballo durante ou trala finalización do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?