Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores desvelan que a información flúe nas redes sociais máis devagar do que se cría
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores desvelan que a información flúe nas redes sociais máis devagar do que se cría

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/09/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

redes_sociais_estudo.jpgA información nas redes sociais, agás nalgunhas excepcións, non se comporta tal e como criamos: coma un andazo máis ou menos descontrolado e a través de lapsos moi breves de tempo (como moito, unha xornada enteira para que un dato concreto se espalle na totalidade das redes sociais). Máis ben o contrario: a súa propagación soe darse devagar e está moi suxeita ás particularidades dos internautas, a fin de contas un mundo coas súas moitas heteroxeneidades que non se comporta sempre coma un ente único. Segundo un estudo desenvolvido por un grupo de investigadores da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) que centra o seu traballo en avaliar os variados efectos da información que flúe nos internautas, hai dúas grandes velocidades debido á actividade dos propios usuarios da Rede.
A investigación, feita sobre a base dun experimento real de IBM para examinar a idoneidade das redes sociais como lanzadeira de información comercial, sinala que os que se responden con máis celeridade son precisamente os internautas que máis tempo da súa vida entregan ao acceso á Sociedade da Información. Son por así dicilo os usuarios-ponte, os que están sempre nos servizos de mensaxeiría cando te conectas e, sobre todo, os grandes responsables de que determinados ruxerruxes se estendan coma o lume pola Internet. Na imaxe, unha das gráficas que acompaña o informe.
O seu cometido, conscientemente ou non, é o de redirixir rapidamente a información que é de por si interesante: eles teñen a capacidade de detectala, separar o gran da palla e espalla rapidamente en cuestión de horas, malia que o tempo de resposta é dun día. Con todo, isto ocorre deste xeito única e exclusivamente cando os datos que se manexan teñen o seu interese, ou sexa, unha miúda parte das veces. Así, cando a información non ten apenas relevancia, case sempre, a difusión ralentízase porque está controlada por aquelas persoas que tardan moito en responder, “o que provoca que algúns ruxerruxes ou informacións fiquen en latencia nas redes sociais moito tempo despois do seu lanzamento”, sinalan os responsables do estudo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?