Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O correo lixo fainos perder unha media de 1.000 minutos ao ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O correo lixo fainos perder unha media de 1.000 minutos ao ano

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

spamfighter-pic-print.jpgTodo traballador ten a súa cruz, e o das persoas que traballan coa información non é outra cousa que a información mesma. Ou mellor dito: a información que non vale, que para enlear un pouco máis a cousa é case case o mesmo que dicir “información” a secas, tan miúdo resulta o froito do proceso de peneirado. O caso é que segundo se nos lembra no último informe de SPAMfighter, os pesadelos dos que traballan con datos teñen cada vez unha forma máis concreta: a de correo lixo, spam en xeral, reenvíos que prometen infortunios si se rompe a cadea, ofertas de traballo doméstico ficticio, avisos falsos de entidades bancarias ou convites a tomar Viagra a mandas. Para os autores do estudo, o tempo que se perde en separar o gran da palla non ten importancia un día, ou dous, pero paseniño vai sumando meses enteiros de enleada, feito especialmente preocupante para as empresas.
No dito estudo lémbrasenos que os traballadores en xeral están a recibir xa entre 1 e 10 correos ao día, o que constitúe un tempo mínimo de cinco minutos para eliminalos, o que multiplicado por todas as xornadas laborais de un ano achéganos unha cifra de máis de mil minutos.
Amais de horas (e non poucas), tamén se perden esforzos e seguridade. Na investigación advírteselles ás empresas que a chegada deste tipo de correos lixo é o mesmo que ir creando cada día un gran buraco de privacidade, unha xanela pola que se pode asomar quen así o desexo. De feito, case o 70% dos empregados confesa ter aberto algún correo de spam, ben sexa por despiste, ben sexa por simple curiosidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?